Guillerme Vázquez (BNG) ve 'difícil' que Feijóo 'lave a cara' contendo os recortes tras 'telos por bandeira'

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, considerou que é 'difícil' que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, 'lave a cara' despois de 'ter como bandeira os recortes dos dereitos', aínda que anunciara que Galicia manterá as taxas máis baixas universitarias e non subirá a ratio de alumnos por aula.
Desta forma, en rolda de prensa este xoves, o líder nacionalista insistiu na necesidade de aumentar os ingresos do Estado a través dunha 'reforma fiscal xusta', e quen 'teña que pagar máis pague dunha vez'.

Así as cousas, opinou que a 'credibilidade da Xunta é ben pouca', porque Feijóo 'ten por bandeira' e así o 'reivindicou' no Estado ser 'pioneiro' nos 'recortes'. 'O PP e a emperatriz Merkel menten cando din que non hai outra alternativa', aseverou Guillerme Vázquez, quen critica o 'espolio e o saqueo ao pobo'.

Dito isto, desexou coñecer a 'resposta' que daría unha persoa ao ser preguntada sobre se prefire 'un recorte nas pensións, o copagamento farmacéutico ou recortar o gasto militar'.

Por outro lado, ao ser preguntado por unhas declaracións de Máis Galiza en Vigo sobre a rendibilidade do apoio do BNG ao alcalde Abel Caballero; Guillerme Vázquez afirmou que el está 'preocupado' pola investigación da Unión Europea sobre o uso de fondos na Deputación de Ourense e porque o 'súperdelegado' da Xunta na provincia 'fose ver un partido de fútbol' no medio dunha 'onda de incendios' e 'siga sin dimitir'.

Te puede interesar