SUCESO EN VIGO

Un home de 81 anos resulta ferido grave ao ser atropelado en Vigo

O suceso produciuse en torno as 9,15 horas cando o suxeito cruzaba a calzada na confluencia das rúas Gran Vía e Valle Inclán

Un home de 81 anos de idade resultou ferido de carácter grave ao ser atropelado este venres en Vigo, segundo informou a Policía Local.

Os feitos tiveron lugar sobre as 9,15 horas, cando este home, J.A.M.P., cruzaba a calzada na confluencia das rúas Gran Vía e Valle Inclán, fóra do paso de peóns.

O home foi arrastrado por un turismo e resultou ferido grave, polo que foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) da cidade olívica.

Te puede interesar