SUCESO / GALICIA

Imputan a un mozo por vender marihuana nun centro escolar de O Grove

Os axentes procederon a imputar o mozo, que responde ás iniciais A.F.L, e a trasladalo a dependencias oficiais.

Efectivos da Garda Civil do Grove imputaron por un delito contra a saúde pública a un veciño de Sanxenxo de 19 anos ao que descubriron nas inmediacións dun centro educativo con cinco bolsas pequenas con marihuana.

Tal e como informou o Instituto Armado, unha patrulla que realizaba actuacións para a erradicación da venda e consumo de estupefacientes en inmediacións de centros escolares observou preto dun colexio a tres persoas dentro dun vehículo estacionado.

Ante a sospeita de que puidesen estar a realizar algún ilícito, os axentes procederon á identificación dos mozos e ao rexistro das súas pertenzas, froito do que acharon na mochila dun de eles cinco bolsas pequenas de plástico que contiñan marihuana.

Por este motivo, os axentes procederon a imputar o mozo, que responde ás iniciais A.F.L, e a trasladalo a dependencias oficiais.

As correspondentes dilixencias serán entregadas no Xulgado de Instrución número 1 de Cambados, onde terá que presentarse o mozo cando lle sexa requirido.
 

Te puede interesar