O Issga investigou máis de 800 sinistros laborais en Galicia ao longo de 2013

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) realizou máis de 800 investigacións de accidentes e enfermidades profesionais ao longo de 2013 en Galicia. En concreto, analizáronse 419 accidentes e 391 enfermidades.

A Comisión de Goberno do Issga mantivo este mércores unha reunión para analizar os seus resultados do ano 2013 e do primeiro trimestre de 2014 en materia de sinestralidade laboral e oferta formativa.

O pasado ano colaborouse co Colexio de Psicoloxía de Galicia, a cooperativa de armadores de pesca do Porto de Vigo, a Sociedade Cooperativa Galega ou o consello Galego de Colexios Veterinarios para a promoción e execución de actuacións de seguridade e saúde no traballo, así como para a prevención de riscos laborais.

No ámbito do amianto, en 2013 inscribíronse 55 novas empresas no Rexistro de Empresas con Risco de Amianto, 377 empresas presentaron plans de traballo e iniciáronse 834 obras ao amparo dos plans aprobados en Galicia neste ámbito.

O Issga actuou en preto de 700 grandes obras para prestar asistencia técnica mediante visitas coordinadas nas catro provincias e formuláronse máis de 3.500 consultas técnicas.

Te puede interesar