O litoral galego permanecerá este mércores en alerta laranxa por mar de fondo

A Dirección Xeral de Emerxencia e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza decretou para este mércores a alerta laranxa en todo o litoral galego por mar de fondo.
A alerta decretarase a partir das 24.00 horas do martes, mentres que a partir das 21.00 horas do mércores, o litoral oeste e noroeste da provincia coruñesa pasará a alerta vermella. Segundo informa a Axencia Estatal de Metereoloxía (Aemet), a través da Delegación Territorial de Galicia, a costa de A Coruña poderá chegar a rexistrar ondas superiores aos 7 metros.

Así, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, comunicou que xa informou desta 'metereoloxía adversa' a todos os concellos costeiros, á Deputación, ao servizo provincial e asociacións de voluntarios de Protección Civil e a todos os clubs náuticos das tres provincias.

A Consellería recomenda non se achegar aos diques co fin de previr 'eventuais' golpes de mar que poidan arrastrar persoas ou obxectos.

Te puede interesar