Marín (Pontevedra) acolle este venres unha nova manifestación en defensa da sanidade pública

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín (Pontevedra) convocou para este venres un manifestación pacífica na Alameda a partir das 20.30 horas tras o anuncio de supresión da ambulancia nocturna neste municipio.
A marcha transcorrerá baixo os lemas 'En defensa da Ambulancia 24 horas', 'Pola construción XA do novo centro de saúde' e 'Pola ampliación do hospital público de Montecelo' e percorrerá as rúas do centro urbano para finalizar ante a casa do concello.

A decisión de recortar a ambulancia xa tivo resposta veciñal, coa recollida de 14.000 sinaturas en contra da medida e con dúas concentracións que foron amplamente secundadas.

Ademais, a manifestación reclamará 'a construción do Centro de Saúde de Marín, que leva xa un atraso de dous anos dende que o concello puxo a disposición da Xunta os terreos'.

Te puede interesar