PONTEVEDRA

Morre un operario electrocutado en Cuntis

Dous compañeiros seus resultaron feridos

Un operario faleceu electrocutado mentres traballaba nunha liña eléctrica de alta tensión a saída do municipio de Cuntis (Pontevedra). Dous compañeiros seus resultaron feridos.

Segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias (CAE) 112 Galicia, foi sobre as 11,30 horas deste martes cando un particular deu a voz de alarma e indicou que un dos compañeiros se electrocutara cun cable dunha liña de alta tensión.

O 112 Galicia mobilizou a efectivos de Urxencias Médicas e tamén pediu a colaboración da Garda Civil e dos efectivos do GES da Estrada e de Protección Civil de Cuntis, que confirmaron a morte dun dos traballadores.

Segundo indicaron, os dous feridos estaban sendo atendidos polo persoal sanitario. 
 

Te puede interesar