Pachi Vázquez, sobre as declaracións de Castelao Bragaña: 'É unha barbaridade espectacular'

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Pachi Vázquez, xulgou este venres que as declaracións do ata agora presidente do Consello da Cidadanía Española no Exterior, José Manuel Castelao Bragaña, 'considerando que as leis son como as mulleres, están para violalas', son 'unha barbaridade espectacular'.
'Só hai unha palabra: cesamento fulminante', sentenciou, preguntado polos xornalistas tras un mitin na localidade lucense de Vilalba sobre as palabras que, segundo 'El País', pronunciaría o exdeputado do PP nunha reunión ante varios membros do Consello, reclamando a acta a unha das comisións, a mesa de Educación e Cultura, a quen lle faltaba un voto para formalizar o documento. 'Non pasa nada. ¿Hai nove votos? Poñede dez. As leis son como as mulleres, están para violalas', dixo, segundo publica o citado diario.

Ademais, Vázquez advertiu de que esa frase nin sequera podería entenderse como 'un calentón' porque 'ninguén, ninguén pode estar na vida pública' despois de pronunciar 'esa frase'. De feito, poucos minutos despois de que transcendese a noticia, o mesmo diario publicou que dimitiu do seu cargo.

Te puede interesar