Os representantes dos traballadores van denunciar ó Concello 'por vulnerar o dereito de folga'

Patrullas de Tragsa limparon as rúas do concello de Padrón

Unha das rúas de Padrón cobertas de lixo antes de que as limpasen as patrullas. (Foto: ARQUIVO)
A empresa pública Tragsa recolleu 'a práctica totalidade' do lixo acumulado nas rúas do municipio de Padrón, onde comezou a folga dos traballadores deste servizo o pasado 16 de abril, segundo confirmaron fontes municipais.
'Practicamente todo recollido', sinalaron durante a mañá do sábado, para engadir que os traballos de limpeza estarían 'finalizados' nunha media hora, ao quedar por actuar 'nuns pequenos puntos' de afectación.

As mesmas fontes explicaron, ademais, que a problemática se rexistrou en 'catro focos' da zona urbana, aínda que as rúas se atopan 'en perfecto estado', e nalgunhas aldeas nas que o servizo 'non chegara moi ben' con anterioridade. 'Polo momento', engaden, a localidade carece dunha estimación ou dato aproximado de afectación, cifras das que disporán unha vez que a empresa descargue os seus camións na planta de transferencia.


OS SINDICATOS

Pola súa parte, o voceiro do comité de folga, David Barrio (UGT) confirmou que presentarán unha denuncia contra o Concello de Padrón e a Consellería de Sanidade 'por vulneración do dereito de folga e desacato', argumentando que ambas as dúas administracións 'se saltaron un auto xudicial' e 'os servizos mínimos' establecidos.

'Paréceme tremendamente grave', denunciou Barrio, quen advertiu ambos os dous que 'non poden actuar arbitrariamente'. Deste modo, lamentou que, 'obviamente, vai sentar precedente' se esta situación 'crea un hábito' nas administracións', polo que confío e que o xuíz 'actúe en consecuencia' 'Aquí non están en xogo os dereitos dos traballadores de Padrón, están en xogo os dereitos de millóns de traballadores'.

O alcalde de Padrón, Camilo Forján, indicaba o venres que asinara o encargo a Tragsa , o mesmo sistema que o Concello empregou xa tres veces dende que comezou o paro, hai máis dun mes. Nalgunhas aldeas, admitiu o rexedor, 'a situación é complicada', pois as anteriores recollidas non afectaron a algúns núcleos do rural.

O conflito comezou polas protestas dos empregados sobre que a empresa, Global Vambrú, non cumpre a suba salarial pactada en outubro de 2010 , precisamente para rematar con outra folga.

Te puede interesar