Pérez Bouza reclama unha comisión de investigación no caso da irmá de Feijóo

Bascuas durante su intervención.
O candidato de Compromiso por Galicia, Xosé Manuel Pérez Bouza, anunciou no mitin celebrado en Vilar de Santos onte a solicitude dunha comisión de investigación para que os galegos coñezan que aconteceu cos 1,4 millóns de euros que a Xunta de Galicia concedeu a empresa da que a irmá do presidente Núñez Feijóo é apoderada.
Pérez Bouza cualificou a Feijóo como “Pinocho da política” tralos reiterados incumprimentos do seu programa e a austeridade que so afecta a xente como nós, pero non afecta aos amigos e familiares de Feijóo” dixo. Recordou a subida de impostos, a emigración dos novos pola falla de oportunidades, o derroche en asesores, o incremento do paro ou o fracaso do plan eólico que provocou que Galicia pasara de ser a primeira no sector a ocupar o carto posto dentro dunha xestión “nada transparente”.
Nun salón de actos cheo, o candidato galeguista dixo que “Compromiso por Galicia non é un partido máis, somos distintos” e destacou o seu compromiso coa ética na política “os valores e a coherencia” comprometéndose a eliminar o copago dos medicamentos, atender aos dependentes, a promocionar o emprego e axudar aos emprendedores e a recuperar o sistema do benestar.
Pola súa banda, o candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Xoan Bascuas, defendeu o autogoberno e criticou a Feijóo por ofrecer a devolución de competencias da Xunta de Galicia a Madrid. “Que clase de presidente pode dicir iso”, dixo ante un auditorio entregado e arroupado polo alcalde máis votado de Galicia, Xan Jardón. Bascuas sinalou que “con máis recursos propios viviremos mellor” e asegurou que o PP “non cre no Estatuto de Galicia”.
Bascuas apostou por un xiro no económico, polo apoio aos máis novos para montar novas empresas, e polo sistema de Servizos Sociais como “base no facer político de Compromiso por Galicia”.

Te puede interesar