Pilar Rojo viaxa este martes a Bruxelas para unha reunión da Conferencia de Asembleas Lexislativas

A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, desprazarase este martes a Bruxelas para participar nunha reunión do Comité Permanente da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE).
A titular do lexislativo galego coordina, no seo da CALRE, un grupo de traballo sobre modelos institucionais, proxecto que será abordado nesta reunión.

Así mesmo, aproveitará a súa viaxe á capital comunitaria para manter unha reunión cos eurodeputados galegos. Ademais, Pilar Rojo, presidenta saínte da COPREPA, e o presidente do Parlamento de Extremadura e da CALRE, Fernando Manzano, serán recibidos polo presidente do Parlamento Europeo, Martin Schultz.

Integrada polos parlamentos de 74 rexións europeas con competencias lexislativas, da CALRE forman parte os órganos lexislativos de oito países diferentes, que representan máis de 200 millóns de habitantes.

Te puede interesar