O prazo de solicitude para bolsas Leonardo arranca hoxe

O prazo para solicitar unha das 50 bolsas da cuarta convocatoria do programa Leonardo Dá Vinci -para realizar prácticas laborais en Europa- arranca hoxe, luns,e permanecerá aberto ata o próximo día 14. Segundo explicou a Xunta, este programa, dirixido a novos de entre 18 e 30 anos, se inscribe no proxecto autonómico Mogal e permitirá que un total de 186 galegos realicen prácticas laborais en empresas de Italia, Francia, Irlanda, Holanda e a República Checa.
As estanzas duran 12 semanas. Neste caso, serán dende xaneiro ata marzo de 2012. Nesta última convocatoria, as bolsas repartiranse en 4 en Holanda; 12 en Irlanda, 21 en Francia; seis en Italia, e 7 para a República Checa. Poden participar novos que teñan realizado estudios universitarios ou de Formación Profesional relacionados cos sectores do moble e madeira, restauración, turismo, imaxe, informática, deseño, electricidade ou mecánica.

Te puede interesar