Os altercados limitáronse a colectores e pneumáticos queimados, fechos selados e cravos nas calzadas

As primeiras horas sáldanse en Galicia con once detidos e un sindicalista ferido, pero sen incidentes graves

Vista de la manifestación contra la reforma laboral convocada hoy por CCOO y UGT en A Coruña
As primeiras horas da xornada de folga xeral deixan un balance de once detidos, un responsable de UGT en Ferrol ferido, e incidentes leves, como colectores ou pneumáticos queimados, fechos selados e cravos nas calzadas de diversas zonas de Galicia.

Así, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno en Galicia, axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron, dende o inicio da folga, a once persoas, sete delas en Santiago, unha en Vigo e tres en Ourense, por incidentes relacionados coa acción dos piquetes ou coas protestas.

Por outra banda, os sindicatos tamén denunciaron a 'brutalidade' da Policía Local de Ferrol, por unha suposta agresión a un membro dun piquete -Juan José Couso, responsable de Formación e Emprego de UGT en Ferrol-. O home foi atendido nun hospital por varias contusións, mentres que a Policía negou que as feridas fosen provocadas por acción dos axentes, e explicou que esta persoa formaba parte dun piquete que estaba a 'queimar colectores'.

Ademais, a Policía identificou decenas de persoas, entre elas a tres membros de CC.OO. -un no polígono de Vilar do Colo, en Fene; e outro dous en Ás Pontes-, contra os que se formulará denuncia por diversos altercados.

INCIDENTES

A xornada de folga estase a desenvolver sen incidentes graves nas rúas de Galicia, salvo a queima dalgúns colectores e pneumáticos, que provocaron problemas de tráfico a primeira hora, ou a aparición de fechos de establecementos selados con silicona.

Así, as rúas do centro de Vigo amenceron con decenas de colectores envorcados, e algún deles calcinado, e produciuse un enfrontamento entre un membro dun piquete e un fotógrafo de prensa - que resultou ferido nun labio - .

Tamén houbo colectores envorcados ou desprazados polo centro de Ferrol. Os piquetes construíron barricadas con pneumáticos en lapas en puntos como a Avenida de Arteixo ou os accesos ao Polígono de Pocomaco, en A Coruña, o que ocasionou retencións e algúns problemas de tráfico, segundo a Policía Local herculina. Así mesmo, tamén se rexistraron barricadas con pneumáticos no centro de Santiago, na rúa Virxe da Cerca.

Te puede interesar