O PSdeG acusa a Pilar Farjas de 'esconder a máis de 14.000 galegos' nas listas de espera

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, acusou a conselleira de Sanidade, Piar Farjas de 'esconder máis de 14.000 galegos en lista de espera' coa finalidade de 'maquillar os malos resultados'. Así asegurouno nun comunicado no que insta á titular de Sanidade a explicar 'cáles son os motivos' polos que os pacientes que son derivados aos centros concertados 'son retirados das listas de espera' o mesmo día que aceptan a súa intervención, aínda que tarden 'de dous a cinco meses' en ser intervidos neses centros.
Nesta liña, Miguel Ángel Fernández considerou 'un fracaso' a política de Sanidade que 'fai que mes a mes sexan máis galegos' os que esperan por unha intervención e por unha consulta. A finais de setembro, incidiu, 'había que esperar 20 días máis para ser operados e 15 días máis para ser visitados por primeira vez por un especialista, que no mes de xuño'.

Segundo engadiu o reprensentante socialista, os resultados 'tamén son desesperanzadores' con respecto ao mes de setembro do ano pasado. Tras un ano, a lista de espera para operarse 'só baixou dous días e dous días o das consultas'.

Non obstante, denunciou que a lista de espera de cirurxía e consultas se incrementou 'significativamente' nas especialidades que teñen 'máis patoloxías malignas e de gravidade'.

Te puede interesar