O PSdeG insta á Xunta a firmar os convenios coas aerolíneas

O voceiro do Grupo Parlamentario Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou onte á Xunta a subscribir para o exercicio 2011 e os seguintes o convenio de promoción turística para voos internacionais cos operadores que actúan no aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, de maneira que 'se permita manter a oferta de conexións'. O socialista presentou estas iniciativas no Parlamento tras 'coñecer a renuncia' do Goberno galego a manter o convenio coa empresa Ryanair.
Tal e como recordou Fernández Leiceaga, este convenio foi impulsado 'pola órbita municipal', coa participación da Comunidade autónoma no seu financiamento. No ano 2009, a Xunta non fixo fronte á súa contribución, 'arriscando gravemente a súa continuidade', e, tras varias conversacións, neste exercicio a Administración asumiu en solitario o convenio que agora deixa 'sen efecto de cara ao futuro'. Ante isto, o socialista advertiu de que o 'cesamento' dos voos de 'baixo custo' afectará á capacidade de atracción de visitantes dende o exterior, nun momento de dificultades económicas.

Te puede interesar