O PSdeG reclama á USC que aparte da docencia ó profesor Domingo Neira polas súas 'teorías homófobas'

A voceira de Políticas Sociais e LGTB do grupo socialista, Carmen Gallego, volveu reclamar este xoves á Universidade de Santiago de Compostela (USC), que retire da docencia ao profesor Domingo Neira García 'polas súas afirmacións homófobas mentres impartía as súas materias'.


A responsable socialista secundou a solicitude do grupo Lesbianas, Gay, transexuais e Bisexuais (LGTB) dos socialistas galegos '7 cores'; que xa reclamou este mércores que 'se aparte da docencia' o profesor de Ciencias da Educación e chamou o PP a pronunciarse' sobre este asunto.

Gallego urxiu aprobar a Lei pola Visibilidade e non Discriminación de LGTB presentada polos socialistas galegos e admitida a trámite na Cámara autonómica, que se estivese vixente 'comportaría unha sanción do Valedor do Pobo'.

Ademais, sinala que o Grupo Socialista introduciu esta proposición de Lei no Parlamento de Galicia, na que se establecen 'sancións contundentes' fronte a estas actitudes, 'para evitar este tipo de comportamentos'.

Nun comunicado, a parlamentaria socialista recordou que a USC é unha universidade pública na que a educación 'debe exercerse como principal garantía da igualdade entre persoas'. Carmen Gallego advertiu de que as afirmacións deste profesor 'van en contra dos principios' que defenden os socialistas galegos, 'a favor de garantir a educación para que os cidadáns sexan máis iguais'.

Carmen Gallego subliñou a 'defensa da diversidade afectivo-sexual' das persoas e explicou que 'non se entende como no ano 2013 se poden facer este tipo de manifestacións' por persoas que deberían 'recibir unha formación académica estable'.

Te puede interesar