PSOE e BNG censuran as represalias contra dous traballadores de CRTVG que secundaron a folga

Os grupos parlamentarios de PSdeG e BNG censuraron este xoves a decisión de apartar dous presentadores de TVG do especial que a cadea emitirá o 20 de novembro con motivo das eleccións xerais debido á súa participación na folga convocada o pasado luns e alertaron de que 'recorda outras épocas'.
En primeiro termo, o voceiro socialista, Abel Losada, incidiu en que 'apartar do seu traballo' a estes dous presentadores por 'manifestar a súa discrepancia lexítima' coa dirección do ente só mostra 'unha persecución política e un sectarismo que recordan a outros tempos e a outros réximes'.

Por a súa parte, en rolda de prensa, a deputada nacionalista Ana Pontón expresou a súa 'solidariedade e apoio' con estes dous traballadores, aos que 'se están a violar dereitos fundamentais' como a liberdade de expresión e a liberdade de folga. 'É urxente que se depuren responsabilidades', reclamou.

Convencida de que esta decisión 'autoritaria e antidemocrática' é 'intolerable e indigna' e, tras incidir en que 'recorda aos peores tempos' da CRTVG 'con gobernos do PP', reclamou a dirección do ente que 'demostre que non tolera actitudes antidemocráticas' e 'cesamento aos responsables de inmediato'.

En todo caso, rexistrou diversas iniciativas 'parlamentarias encamiñadas a determinar quen tomou esa decisión' para 'destituír a todas as persoas implicadas nesta' e a 'reparar o dano causado' aos xornalistas afectados.

Finalmente, a parlamentaria do Bloque avanzou que tamén pedirá 'asunción de responsabilidades' na Xunta, xa que 'non pode ser que pareza que aquí non pasou nada'.

RELATORIO DA LEI DA CRTVG

Por outra parte, en canto ás reunións do secretario xeral do PSdeG, Manuel 'Pachi' Vázquez, co comité interempresas da CRTVG, Losada indicou que 'as peticións dos traballadores se verán recollidas' no traballo do relatorio 'buscando o maior acordo'.

'Sempre no contexto de buscar uns medios de comunicación públicos, plurais, comprometidos coa cultura do país e financeiramente viables', remarcou, para aseverar que ese é 'o obxectivo político' do PSdeG.

Te puede interesar