R. Varela destaca o traballo feito para recuperar e pór en valor o Camiño

 El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, (2d) visita la exposición 'Xacobeo 20 años de camino', que conmemora el XX aniversario de la SA de gestión del plan Xacobeo, hoy en Santiago de Compostela. EFE/Lavandeira jr
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe no mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago a mostra 'Xacobeo, 20 anos de Camiño', cuxo obxectivo, segundo dixo, 'é facer visibles 20 anos de traballo na recuperación histórica do Camiño como eixe cultural e referente europeo'.

A exposición conmemora o XX aniversario da SA Xestión do Plan Xacobeo e fai un percorrido expositivo polos fitos máis destacados destas dúas décadas de historia.

Segundo Varela, a mostra repasa os logros do Xacobeo 'en cada un dos seus piares fundamentais', que enumerou en 4 liñas de actuación: a promoción nacional e internacional, o fomento da produción e consumo de cultura, a restauración e posta en valor dos camiños, e a atención ao peregrino a través da rede de albergues.

O titular de Cultura e Turismo aludiu á promoción do Camiño e de Galicia 'fóra das nosas fronteiras', o que, dixo, fixo posible 'que o número de peregrinos que nos visitan se multiplique por 38 en tan só dúas décadas'.

'Grazas ao impulso do Xacobeo, o Camiño de Santiago converteuse nun fenómeno universal e na mellor carta de presentación da nosa terra ante o mundo', asegurou.

A exposición hoxe inaugurada é un resumo que integra todos os aspectos relacionados co coidado e promoción dos camiños de Santiago nos que a SA de Xestión do Plan Xacobeo, empresa pública dependente da Xunta, vén traballando desde a súa creación en 1991, con motivo da celebración do Ano Santo 1993.

Te puede interesar