OPERACIÓN PIÉLAGO

Rexistran lonxas de 5 autonomías contra as vendas en negro do sector

Na comunidade galega, a actuación da Garda Civil e a Axencia Tributaria afecta a 14 lonxas, entre elas A Coruña, Vigo e Ribeira

Os rexistros en lonxas galegas realizados forman parte da Operación Piélago, que leva a cabo a Agencia Tributaria en cinco comunidades autónomas contra as vendas en negro no sector almacenista de peixe.

A actuación implica o inicio de actuacións inspectoras tanto sobre as propias entidades xestoras das lonxas, como sobre armadores e almacenistas de peixe, de forma que o dispositivo despregado pola Axencia afecta a un total de 14 entidades en Galicia, entre elas as lonxas da Coruña, Vigo e Ribeira.

En total, son 21 lonxas en cinco comunidades nas que se realizou entrada e rexistro, ademais de Galicia son Canarias, Cataluña, Murcia e Comunidade Valenciana. Entre todas as entidades suman 37 inspeccionadas en toda España.

Segundo informa o Ministerio de Hacienda nun comunicado, as actuacións iniciáronse por personación de Inspección Tributaria da Axencia nas lonxas e nos locais e sedes das sociedades de almacenistas e armadores co fin de "acceder directamente á documentación e información contable ou auxiliar real, incluído os sistemas informáticos de procesamento da información".

Ao tratarse de actuacións de carácter administrativo, encádranse nas competencias inspectoras e non implican detencións, aclara o Ministerio.

Unha rede en B dende o armador ata o detallista

As investigacións previas que desembocaron na operación `Piélago` teñen a súa orixe nos controis fiscais que vén efectuando a Agencia Tributaria en relación con lonxas de diversos puntos do territorio español e moi especialmente no Norte e Nordés de España.

"Froito destas actuacións, entre as que destacan as efectuadas o pasado ano no marco da operación White en Cataluña, a Agencia detectou non só a existencia de diversas irregularidades que redundaban nunha diminución das bases impoñibles declaradas e os ingresos tributarios, senón tamén a existencia dunha canle paralela de actividade económica en B, dende o armador ata o detallista de peixe, ocasionando un importante prexuízo para a Facenda Pública", explica o Ministerio sobre estas actuacións.

As actuacións de entrada desenvolvidas o xoves teñen por obxecto "detectar a realidade de tres aspectos da actividade económica do sector almacenista de peixe que resultan cruciais na determinación das bases impoñibles": as especies capturadas (o que determina o valor da captura), os quilos descargados e os prezos que alcanza o peixe na lonxa.

Eses factores son esenciais tanto para determinar os beneficios dos armadores, coma para efectuar un control cruzado dos asentadores --os vendedores das lonxas--, os armadores que descargaron e os almacenistas que tiveron acceso ás poxas e adquiriron o peixe, argumenta a Agencia Tributaria.

Así, se pretende obter información directa sobre a realidade das vendas de peixe fresco nas lonxas. Para iso, ademais da documentación e libros obrigatorios deste puntos de venda, revisáronse antecedentes en poder da Administración Tributaria procedentes das comunidade e autoridades portuarias, así como as conclusións de anteriores comprobacións.

"O obxecto de todo iso é aflorar unha presumible actividade parcialmente mergullada que xa quedou patente en actuacións inspectoras anteriores", remarca Hacienda.

Non se descartan máis actuacións

Xunto á detección e conseguinte regularización da fraude fiscal que finalmente se aflore, tanto esta como anteriores actuacións sectoriais desenvolvidas nos últimos anos pola Agencia Tributaria a nivel estatal pretenden tamén transmitir aos sectores involucrados nestas prácticas unha mensaxe disuasoria, para que, no seu caso, reconducan as súas actuacións cara ao correcto pagamento das súas obrigas tributarias.

Ademais, avisa de que "como en operacións anteriores, e en función do comportamento tributario que vaian mostrando, non se descarta a comprobación doutras sociedades do mesmo sector no futuro.

Operativo con case 150 funcionarios

A operación `Piélago` foi coordinada polo Departamento de Inspección Financeira e Tributaria da Axencia Tributaria, e desenvolvida polos Servizos de Inspección das Delegacións Especiais, no marco do Plan de Control da Economía encuberta que vén desenvolvendo a Agencia.

No operativo de entrada e rexistro despregado onte participaron 96 funcionarios da Inspección da AEAT, incluíndo as súas Unidades de Auditoría Informática, así como 35 funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, en coordinación cos funcionarios das Deputacións Forais de Guipúzcoa e Vizcaya, que desenvolveron as actuacións no País Vasco.

Te puede interesar