A capela ardente instalarase no Concello o domingo e será enterrado no cemiterio municipal

Os restos mortais de Cuiña permanecen na súa casa natal en Lalín (Pontevedra) ata mañá, cando será enterrado

Xosé Cuíña
Os restos mortais do deputado 'popular' e ex conselleiro de Política Territorial Xosé Cuiña permanecerán durante todo o día de hoxe na súa casa natal situada na parroquia de Filgueira, no municipio pontevedrés de Lalín, a onde foron trasladados onte dende o Hospital Clínico de Santiago, onde faleceu tras permanecer unhas dúas semanas ingresado.
Mañá domingo o féretro será trasladado ao salón de plenos do Concello de Lalín, onde ás 10.00 horas está previsto que quede instalada a capela ardente para dar o último adeus ao ex conselleiro, segundo confirmaron fontes municipais. As mesmas fontes consultadas por Europa Press confirmaron que o funeral de Xosé Cuiña terá lugar a partir das 16.00 horas de mañá e, posteriormente, os restos mortais recibirán sepultura no cemiterio municipal. TRES DIAS DE LOITO. No pleno extraordinario celebrado onte no Concello de Lalín decretáronse tres días de loito oficial no concello do que Xosé Cuiña foi alcalde durante 11 anos, entre 1979 e 1990. Así, ata o domingo, as bandeiras ondearán a media hasta na institución municipal. Nunha declaración institucional que leu o actual rexedor lalinense nun pleno extraordinario, o 'popular' Xosé Crespo, a corporación municipal destacou o ’intenso labor a favor do porvir de Lalín e das súas xentes’ de Cuiña. Precisamente, Crespo foi designado voceiro da familia.

Te puede interesar