POSIBLE CAMBIO DE GOBIERNO

Rey Varela sobre a moción de censura na Deputación de Lugo: "É a moción da vergoña"

"Creo que a transparencia debe estar por enriba destes acordos que non responden á normalidade democrática", advertiu o director de campaña do PPdeG

O director de campaña do PPdeG para as próximas eleccións xerais, José Manuel Rey Varela, acusou de "moción da vergoña" o pacto alcanzado en Lugo por PSdeG e BNG para apartar da presidencia da Deputación de Lugo á súa compañeira de filas e alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia.

Candia tomou o bastón de mando provincial en xuño cando o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, propiciou que a Presidencia recaese nela ao romper a disciplina de voto do seu grupo e negarse a apoiar un candidato alternativo, toda vez que o BNG lle vetaba a el pola súa situación de imputado.

Sobre esta cuestión, Rey Varela, exalcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) nos últimos anos, asegurou que coñece ben o ámbito municipal, polo que afirmou que pode dicir o que sente e tamén o que sente o PPdeG".

"Esta é a moción da vergoña. É unha vergoña que dous partidos políticos, despois de todo o que se dixeron entre eles, sexan capaces de alcanzar nos despachos unha moción cando nin sequera transcorreron cen días de goberno provincial", denunciou.

E é que, a xuízo do dirixente ferrolano, en alza dentro do PPdeG, "nunca" os motivos "escuros", así como as "adaptacións aos cargos e aos intereses", poden estar "por enriba do que opinan os cidadáns".

"Creo que a transparencia debe estar por enriba destes acordos que non responden á normalidade democrática", advertiu, para concluír que non permitir a un goberno, coa lista máis votada á fronte, gobernar "durante 100 días", non ten "precedentes dende o punto de vista democrático".

Te puede interesar