Ribeira Sacra e Ferrol aspiran a ser Patrimonio da Humanidade

O labor levado a cabo polos 'ilustrados' en Ferrol, así como a beleza paisaxística e os monumentos da Ribeira Sacra, son os motivos esgrimidos polo concello ferrolán e varias asociacións civís, respectivamente, para promover ante a Unesco as súas candidaturas a Patrimonio da Humanidade.
No caso de Ferrol apóiase no valor patrimonial dos Arsenais e o barrio da Madalena. O primerio paso para conseguilo xa o superaron, pois Ferrol, Ribeira Sacra e Os Ancares-Braña están incluidos na chamada Lista Indicativa Española, un inventario elaborado polo Ministerio de Cultura que recolle as propostas españolas para a declaración da Unesco.

A este condicionante e outros, coma un 'bo expediente', fixeron frente a ciudade vella de Santiago de Compostela (que logrou o recoñecemento en 1985), a muralla de Lugo e, máis recentemente, a Torre de Hércules, na Coruña, antes de ser Patrimonios Mundiais, sinalaron os seus promotores.

Te puede interesar