Conselleiro de Cultura e Turismo

Roberto Varela: ‘A Consellería de Cultura e Turismo non pode quedar reducida a ser mero pagador’

Estudou Filosofía e Relacións Internacionais. Políglota e cosmopolita, non podía escoller outro oficio que o de diplomático. Naceu no Salnés hai 50 anos e dende o mes de abril está ó frente da Consellería de Cultura chamado por Núñez Feijóo, que o rescatou do Consulado español de Nueva York, onde se encargaba dos asuntos culturais, ainda que estaba a punto de cambiar de destino.
Cómo ve o panorama cultural galego dende dentro?

Dende a miña incorporación á política galega atopeime con algunhas sorpresas, agradables unhas, desagradables outras.Á marxe desto, o mundo cultural galego vexo que está moi sán dende a punto de vista da creación e da producción. En xeral penso que estamos a un nivel moi alto, sobre todo en algunhas disciplinas. Gústanme moito cousas que están facendo no teatro, na literatura, no cine. Cecáis nas artes plásticas se poida facer algo máis. O que sí percibo é unha especie de desequilibrio entre o talento e producción co consumo, que é moi baixo. Esa é a sorpresa máis desagradable.

Cuál é a sua maior urxencia?

Hai dúas, pero a priritaria niste momento é o Xacobeo pola premura do tempo e polo significado que ten, xa que o seguinte non será ata o 2021. Debo decir que a preocupación é doble, pois por unha banda está o eido cultural e pola outra, tamén de gran importancia, a turística, ca sua vertente económica, na que os profesionais teñen postas grandes expectativas. Ca crise que vivimos debemos facer un esforzo especial co Xacobeo. A segunda das prioridades é a Cidade da Cultura, que é unha iniciativa que temos que retomar con forza.

Hai pouco tempo que representantes do sector audiovisual e tamén os actores se queixaban da existencia dun parón na actividades burocrática da Consellería. Eso é así?

Bueno, é verdade que nun cambio de Goberno prodúcese unha ralentización na marcha dos departamentos, polo que non se trata de nada exclusivo desta lexislatura. É certo tamén que a débeda reclamada nas Artes Escénicas debeuse á xestión do Goberno anterior, porque cando se falaba de reclamar un millón de euros é evidente que esa cantidade non se xenerou dende que eu son responsable da Consellería. Pese a todo esa débeda, que non era tan grande como se decía (eran 600.000 euros), xa está saldada. Mantiven entón unha xuntanza con actores e actrices na que se aclarou todo e na que eu tomei unha serie de compromisos que están xa todos cumplidos. Un deles foi o nomeamento da Agadic (Axencia Galega de Industrias Culturais), que por certo é ourensán; outro, resolver as convocatorias antes do un de xullo, que vamos camiño de facelo, e, por suposto pagar todas as facturas pendentes, das que resta en torno a un cinco por cento.

Cuál é a sua relación cas xen tes da cultura?

Moi estreita, pois nos últimos dez anos estiven moi vencellado a iste mundo, tanto en Madrid como subdirector xeral de Cooperación Cultural, onde traballei moi de cerca cos artistas en todo o que era a promoción cultural no exterior dende o Ministerio de Asuntos Exteriores, e despois, en Nueva York, como cónsul encargado de asuntos culturais. Ou sexa, coñezo bastante ben iste mundo.

E con ise coñecemento, como explica que gran parte do mundo cultural apareza maioritariamente vencellado á esquerda?

Non é un fenómeno exclusivamente español, pero sí que eiquí ainda se reproduce con maior intensidade. A dereita sempre tivo unha especie de complexo ca cultura e, ao meu entender, non soubo gañar ise terreo. Unha das miñas pretensións é xustamente a de acercar a cultura ó Goberno para que co coñecemento poidamos evitar conflictos.

Nun acto recente, o profesor, escritor e historiador Marcos Valcárcel invitaba á dereita (nomeadamente ó Partido Popular) a asumir o pensamento oteriano...

Sí. Se algún valor engadido pode aportar a miña persoa é o de non ter ningún tipo de prexuizo, pero é certo que sempre houbo ese recelo que xa é tempo de superar, pois un non é mellor escritor ou músico porque sexa de esquerdas ou de dereitas. A cuestión é ser bó músico e bó escritor, á marxe das ideoloxías. Teño claro que hai que traballar na busca da calidade e, respetando a liberdade de cada un para ser e pensar como queira, debemos romper ise cliché de asociación.

Circulou que o seu departamento ía pór en marcha axudas para o cine e a edición en castelán. Significa que disminuirán as existentes para o cine en galego galego?

A pesares de ter sido publicado nunca afirmei nin pensei tal cousa, polo que non é en absoluto certa. Haberá programas específicos de axudas para o cine ou a literatura, en calquera dos dous idiomas oficiales de Galicia. Evidentemente non vamos a discriminar a nadie por producir en castelán e moitísimo menos por facelo en galego.

Pode pagar a Consellería de Cultura as consecuencias dos recortes provocados pola crise económica?

Por suposto. Xa estamos pagando, cun recorte de case sete millóns de euros no presuposto, pero dito eso hai que engadir que non poño ningún reparo, pois nos tempos que corren temos que ser solidarios todos. Tamén é verdade que o importante é a racionalización do gasto; creo que é posible traballar do mesmo xeito con algo menos de presuposto. Por certo, se me permite enlazar ca primeira pregunta que me facía, direi que unha das sorpresas desagradables para min é ver que o papel da Consellería se reduza a ser mero pagador, cando a sua verdadeira función ten que ser outra ben distinta, achegada o impulso e dinamización.

Cómo lle quitaría ós cidadáns do sur de Galicia a sensación de que no mundo oficial se pensa que cultura e igual a Santiago?

Santiago é un símbolo e ten poder como tal. Ainda que fagamos moitas iniciativas culturais por toda Galicia, sempre será referencia, pola sua condición de icono innegable. Por elo, o Goberno ten pensado, especialmente no Xacobeo, unha estratexia de descentralización e desestacionalización. É un obxectivo que vamos a cumplir a raxatabla.

En tempos pasados Ourense foi denominada como a Atenas de Galicia. Qué aspou para que perdera tal condición?

Houbo unha época de importante producción literaria e cultural debida aos grandes persoeiros como Otero, Risco ou Cuevillas e a sua influencia. De Ourense saiu a máis importante producción literaria de Galicia e hoxe sigue tendo imaxe de destacado centro da cultura. Logo produciuse un fenómeno que eu penso ten que ver ca puxanza socioeconómica da costa, que non foi exclusivo da nosa terra, ainda que no eido cultural creo que se está dando unha volta das miradas hacia a Galicia interior. Eu estou moi interesado en aproveitar esa circunstancia para potenciar o turismo cultural no interior da Comunidade. O que me preocupa máis é o fenómeno da despoboación das vilas, ainda que ise é un feito que escapa ó mundo da cultura.

Temos prácticamente enriba o Xacobeo, que vostede mencionou xa varias veces máis atrás. Chegará a tempo a sua Consellería para dispor unha infraestructura suficiente para acoller a peregrinos e turistas?

Absolutamente sí. Neso estamos. É verdade que herdamos pouco do anterior Goberno, pois non había programa pechado. A estas alturas temos pechado o programa de marketing que vai a ser o máis ambicioso que se teña posto en marcha nunca nun Xacobeo, no que imos gastar máis de sete millóns de euros. Tamén temos prácti camente lista a programación, que será presentada o próximo 20 de outubro.

Recentemente, unha asociación de hosteleiros ourensáns cifraba nun 20% a perda de volumen de negocio pola crise e reclamaba unha acción especial na programación do Xacobeo para non quedar discriminados e tamén para mitigar os efectos da actual situación.

Esto está garantido. De feito buscamos espazos e locais para facer actividades. Temos algún programa, que agora non vou desvelar, pero que inclúe a Ourense de xeito específico. Temos a intención da máxima descentralización posible. Agora ben, insisto, non podemos esquecer que Santiago é un símbolo e se non fora eso, non viría naide, porque o Camiño pasa por moitos sitios pero remata alí.

Ourense é, con Palencia, a provincia con máis patrimonio monumental de España. Conta, ademáis, con recursos naturais extraordinarios, pero a situación real do turismo non se corresponde con ise potencial e, por outra banda, cada Administración ten a sua propia estratexia, mesmo con oficinas de información duplicadas ou triplicadas, sen información unhas do que ofertan as outras. Non hai maneira de concentrar esforzos?

Eso sería o óptimo. O proble ma é que ás veces entre as Administracións existe a tendencia a parcelación, e non afecta só ó turismo. O ideal sería a unificación e son conscente dese problema, ainda que non basta só que a Xunta queira, fai falla a vontade das partes.

Existe coincidencia á hora de sinalar o termalismo como un dos grandes potenciais de Ourense. Ten o seu departamento algunha acción específica para impulsalo?

Temos plans de axudas para impulsar a creación de centros hosteleiros, pero é un eido no que pensamos avanzar moito máis. A idea básica é atraer un turismo distinto, con capacidade adquisitiva. Temos, tamén, que vender a idea do turismo alternativo e ahí Ourense ocupa unha magnífica posición. Para elo hai que habilitar as infraestructuras precisas.

Ten idea formada de cuál vai ser a estratexia da Consellería de cara ó Festival de Cine de Ourense?

En principio imos dar o noso apoio, ainda que existe un problema cos festivais de cine, que é que hai demasiados, e eso non é bon. No caso de Ourense, temos que analizar a situación polo miúdo, pero se conta con entidade, proxección e retorno das suas actividades para a cidade, daremos o noso apoio.

A Consellería de Cultura acaba de ampliar a dotación económica do Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo. Cre que hai competencia co CGAC? Son entes rivais?

Non, para nada. Son distintos. Á verdade é que o director, Iñaqui Martínez está a facer un traballo extraordinario que pón ó museo no mapa, ainda que non é un museo estrictamente, senón un centro de exposicións, que o fai moi diferente do Centro Galego de Arte Contemporánea, pois iste conta con fondos propios cun carácter moito máis xeral galego e, dende ise punto de vista, máis importante. Agora ben, o traballo que se está facendo en Vigo é moi loable, por eso non entendín que o anterior Goberno lle retirara parte do apoio económico.

Te puede interesar