Rueda subliña a contribución dos galegos emigrados a Andorra

O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, destacou onte a contribución dos emprendedores galegos emigrados a Andorra para dinamizar a economía deste país, ao que tamén fan 'importantes achegas sociais e culturais'. Rueda, que visita Andorra co secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, entrevistouse co conseller en cap, Antoni Martí, co que analizou as preocupacións e a situación dos 4.000 galegos que viven no Principado.
Así, os responsables dunha e outra administración repasaron algunhas das peculiaridades do país, a economía da cal, sinalou a Xunta, depende 'en boa medida da española' e atravesa tamén unha situación de crise. Ademais, os representantes da Xunta inauguraron un cruceiro doado pola colectividade galega residente en Andorra ao municipio de Andorra a Vella, capital do país.

Te puede interesar