A Sociedade de Historia Natural, 'preocupada' polo permiso para pastoreo en zonas queimadas

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) manifestou a súa 'inquietude e preocupación' ante a posibilidade de que se fixe unha 'excepcionalidade' á prohibición do pastoreo en zonas queimadas, así como a solicitude de axudas para o sector afectado polos incendios forestais, para o que demanda a 'concreción inequívoca' de cáles son as circunstancias que permitirían dita 'excepcionalidade'.
Recentemente nunha comisión parlamentaria, a deputada popular Enma Álvarez Chao anunciou que a nova Lei de montes limitará o artigo da Lei de prevención de incendios de Galicia que recolle unha excepcionalidade á prohibición de pastoreo en zonas queimadas por incendios forestais.

Alegouno para argumentar o seu rexeitamento a unha proposición non de lei coa que o BNG, apoiado polo grupo socialista, solicitaba a aplicación da devandita excepcionalidad, así como axudas directas para o sector afectado polos incendios acontecidos o pasado outubro no Macizo Central.

As afirmacións dos tres grupos provocaron a 'preocupación' da SGHN que censurou que os puntos de vista dos partidos sexan 'absolutamente parciais', en función de se están 'no goberno ou na oposición' e non abordan o problema 'globalmente e dende o punto de vista social'.

Convencida de que, cos partidos que 'gobernan Galicia ou aspiran a facelo' o futuro do problema dos incendios 'só ten unha cor, o negro,', reivindicou que é 'urxente e necesario' cumprir a lexislación, 'unificar posturas e marcar unha dirección clara' para facer fronte a esta problemática.

Te puede interesar