Traballo establece 705.000 euros para axudas ao programa 'Iniciativa Xove'

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas por importe de 705.000 euros a 'Iniciativa Xove', un programa de apoio a asociacións xuvenís e grupos informais de mozos para o desenvolvemento de proxectos de carácter innovador.
Esta asignación ten un incremento do 1,4% con respecto a 2011, informou a Consellaría de Traballo e Benestar.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado dependente desta consellaría desenvolve esta iniciativa para a posta en marcha de proxectos de carácter innovador, emprendedor e de fomento de actitudes creativas, entre outros.

Poderán ser levados a cabo non só polas asociacións xuvenís e entidades que lle prestan servizos á mocidade, senón tamén grupos de mozos que se unen para levar á práctica os seus proxectos e ideas.

O orzamento máximo de cada proxecto non poderá superar os 4.000 euros nin financiarse ao 100%, de aí a incompatibilidade de axuda con outras destinadas á mesma actuación. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes.

No 2011 financiáronse 269 proxectos, 145 a través de asociacións de ámbito provincial, 45 autonómico e 79 grupos informais de mozos.

Te puede interesar