Un vehículo resulta danada ao caerlle unha árbore enriba en Vigo e outro ao soltarse dúas chapas

Un vehículo resultou danado en Vigo ao caerlle unha árbore enriba no número 28 da rúa Julián Estévez, mentres que dúas chapas desprendidas na zona da entrada principal do Hospital Meixoeiro provocaron danos ao golpear un taxi. En ambos os dous casos os danos foron materiais, sen que se rexistrasen feridos.
Segundo informan fontes da Policía Local, estes incidentes producíronse a consecuencia do intenso vento da xornada deste xoves.

No caso do Meixoeiro, as chapas caídas pertencían ao cerramento da zona de ascensores, onde efectivos de bombeiros procederon a asegurar outras dúas, ante a posibilidade de que se puidesen soltar.

Ademais, o vento desprazou colectores en diversos puntos da cidade, como nas rúas Padre Seixas, Couto San Honorato e tamén en Santo Andrés de Comesaña.

Te puede interesar