ACCIDENTE ANGROIS

Vítimas do accidente do Alvia insisten que 'se puido evitar'

A Asociación Plataforma Vítimas Alvia 04155 acusarou a José Blanco e Ana Pastor de "mentiren"

Nun comunicado, refírense ao último informe entregado polo perito xudicial César Mariñas, "de cuxa independencia e capacitación non hai dúbidas", que, na súa opinión, "confirma o que as vítimas vimos denunciando desde hai meses", que "decisións ao máis alto nivel dentro do Adif e da Renfe, ambos dependentes do Ministerio de Fomento, comprometeron a seguridade dos viaxeiros".

Explican que o informe sinala que foron tomadas dúas decisións que minguaron a seguridade e citan a adoptada en 2010, sendo ministro José Blanco, para modificar o proxecto orixinal, que era o "escenario máis seguro" e no que o sistema ERTMS chegaba até a estación de Santiago.

Alén diso, en 2012, con Ana Pastor de ministra, non só non foi corrixido ese erro, "senón que, ademais, se autorizou que os trens Alvia apagen o ERTMS sen ningunha análise previa".

Para as vítimas, "se estivesr activado o sistema ERTMS no tramo instalado, evitaríase o accidente ao avisar o condutor da velocidade desaxeitada e freando o tren automaticamente se non fose atendido o aviso".

A asociación acusa ambos os ministros de "mentiren" e insisten na súa demanda de crear unha comisión de investigación á que din que se negan Blanco e Pastor, "e os seus respectivos partidos, PP e PSOE", que "non paran de falar de rexeneración democrática, transparencia e do moito que os preocupa a desafección política".

Te puede interesar