Xavier Carro (PSOE) votou a favor da reforma porque Rubalcaba 'convenceulle'

O deputado socialista galego Xavier Carro, un dos parlamentarios do PSOE que máis se pronunciou en contra da reforma constitucional e a favor da celebración dun referendo, xustificou o seu voto afirmativo no pleno do Congreso deste martes alegando que o candidato Alfredo Pérez Rubalcaba o 'convencera'.
Segundo explica nun artigo da súa páxina persoal de Internet, recollido por Europa Press, Carro admite que a súa posición e a do PSOE 'non é a cómoda' pero, tras escoitar a Rubalcaba durante catro horas na reunión do Grupo Socialista, entende que é 'a correcta'.

Carro foi un dos deputados socialistas que na reunión do grupo parlamentario pediu a Rubalcaba dar vía libre á celebración dun referendo 'como xesto de cara aos cidadáns'.

Asegura que o candidato 'recoñeceu que estes argumentos son serios e válidos, que a súa intención é tamén procurar un achegamento a eses movementos sociais que reclaman participación política, pero a rotundidade dos feitos económicos descritos e a urxencia de adoptar esta medida para evitar males maiores, impiden introducir demoras ou incertezas na aprobación desta reforma'.

'En definitiva -recoñece-, sacrificamos a táctica electoral aos intereses do noso país, que é o que estivemos a pedir ao PP en toda a lexislatura e o que Mariano Rajoy negou sistematicamente ata hoxe'.

O deputado entende que o seu escano non é seu, senón do PSOE e revela que, se Rubalcaba non lle convencese, o entregaría antes que votar en contra do seu partido. 'Unha vez producido ese debate (interno), a posición é colectiva e non individual', remacha.

Te puede interesar