A Xunta renuncia ao proxecto de 2 millóns de euros para construír unha goleta

O presidente da entidade Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana, anunciou hoxe a renuncia ao proxecto de investir 2 millóns de euros na construción dunha goleta atendendo á situación económica actual.

Álvarez Campana anunciou esa decisión xustificando a actual conxuntura e apuntou que 'o proxecto será substituído' por outras iniciativas de embarcacións de inferior orzamento, e recoñeceu que á renuncia contribuíron as amplas críticas da oposición e dalgúns medios de comunicación.

O dirixente de Portos de Galicia fixo este anuncio durante a súa intervención ante unha comisión do Parlamento de Galicia en que sorprendeu os representantes do partido da oposición, PSdeG e BNG, que previamente expresaran o seu rexeitamento ao proxecto.

'A prudencia aconséllanos adoptar proxectos máis sinxelos', dixo Álvarez Campana, quen asegurou que a construción dunha goleta tradicional de madeira 'terá que esperar uns anos'. EFE

Te puede interesar