Cuatro tiempos 03/08/2012

O meu Ourense

Hace 25 años... Tragedia en la meca

Hace 50 años... Bachilleres cincuentones

Hace 75 años... Huidos en busca de pan fresco

Cada ourensán ten o seu Ourense, unha parcela sentimental, distinta pra cada un no tempo e no espacio, pro ca raigaña fondamente afincada na lembranza.
Cousa nidia é que hai un Ourense pra os do barrio de San Francisco e outro pra os veciños do Campo dos Remedios e da Alameda do Cruceiro, distintos dos da parroquia da Trinidade. Como hai un Ourense dos derradeiros do séculos XIX e outro que abrangue os anos vinte, e outro republicán, e outro da guerra, e outro de despoixas da guerra.
Cada un estima que o seu é o millor e non por estas ou por aquelas razós, senón porque o Ourense de cadaquén é o dos anos mozos, cando xurdía a vida e todo se vía cuns ollos limpos da experiencia, que será a nai da ciencia, asegún os espritos práuticos, pro que tamén é a que todo o emporcalla e a que lle ripa a gracia á vida e mata a ledicia de vivir que somente se ten na mocedade.
O meu Ourense, no tempo, ficou ancorado nos dous primeiros decenios do século actual. Polo espacio son portugués, que é como nos chaman os outros ourensáns a os nados e a os veciños da parroquia da Trinidade.
O meu Ourense limitaba con Montealegre, polo Leste; con Regueirofozado, Rairo, Zaín, as Curuxeiras, Seixalbo e o Cumial, polo Sur; co Castelo, Ramiro, Cabeza de Vaca, a Valenzá e Coba de Lobo, polo Oeste e ca Praza Maior, a Catedral e a Alameda -que son de todos- polo Norde.
Esto non quer decir que ós Portugueses nos fose alleo o campo da Feira, nin a loña, nin Mende, nin a Rabaza, nin Rabodegalo, nin Reza, nin o Miño, senón que aquil era o noso meio natural, a nosa casa e istes os rosios dela.
Nacín na Barreira, xusto na raia divisoria das parroquias da Trinidade e de Santa Eufemia "la Real del Centro" como pomposamente lle chaman nos papés, único sitio onde se lle da iste alcume, que baixa dende a Pena Vixía deica a Barbaña e, despoixas de deixar dentro da nosa feigresía as Burgas, cruza o río pola ponte dos Pelamios en mal hora levada por un trebón, pra rubir polo Salto do Can.
Anque cando eu tiña catro anos fúmonos a vivir á casa que no Posío fora dos meus avós maternos, pola circunstancia de ter meu pai o Colexio de San José de Calasanz na casa onde eu viñera ó mundo na tarde dun domingo de Pascua, seguín xunguindo a ela ata que me fun ó servicio militar e soio Deus e mais eu sabemos canto me doeu e con canta pena tiven que deixar pra sempre aquela casa tan entrañábel pra min e que tanto representou na miña vida.
(Ben-Cho-Sey, 1962)

Hace 25 años... Tragedia en la meca

“Macarroni”, la película de Ettore Scola protagonizada por Jack Lemmon y Marcelo Mastroiani, bate el récord de recaudación en las “Xociviga” que se celebran en Carballiño.
-Jesús Gil, el nuevo presidente del Atlético de Madrid, ofrece cuatro mil millones de pesetas para comprar la escudería británica de Fórmula Uno “Brabham”, propiedad de Bernie Ecclestone. La intención de Gil es participar en el Mundial con pilotos españoles y promocionar la imagen de España de cara a los Juegos Olímpicos de Barcelona y la Expo de Sevilla de 1992.
-402 personas, 275 de ellos peregrinos iraníes y 85 policías, mueren al protagonizar graves enfrentamientos en La Meca. Los incidentes comenzaron cuando los peregrinos iraníes se concentraron respondiendo a una llamada de Jomeini para protestar contra la política estadounidense en Oriente Medio, a la que califican como “herejía internacional”.

Hace 50 años... Bachilleres cincuentones

Se inician las obras de construcción del Puente Novísimo, que permitirá sortear el Miño a la proyectada carretera de Villacastín a Vigo, futura gran avenida de Circunvalación Oeste. Presupuestado en 30 millones de pesetas, tendrá una longitud de 230 metros y una anchura de 21,50 m., y descongestionará de tráfico al Puente Nuevo.
-(1) La promoción de bachilleres de 1912 del Instituto de Orense celebra sus bodas de oro, para lo cual se reunieron Asunción Álvarez Veras, Carlos Guitián Fábrega, Julio García Pérez, Fabriciano Iglesias Alvarez, Alejandro Rodríguez Veiras, José Martínez Pedrayo, José Romero Alvarez, Cesáreo Eire Santalla, José Fernández Oxea “Ben-Cho-Sey”, Severino Calviño Ozores y Emilio Nóvoa González. Visitaron el Instituto, donde el catedrático superviviente de la época, Eduardo Alvarez Gontán, leyó unas cuartillas, celebrando luego una comida y terminando en el Aula de Cultura de la Caja de Ahorros Provincial.

Hace 75 años... Huidos en busca de pan fresco

Días pasados, en el pueblo denominado “ Costa de Grilo”, situado en los montes que separan Barbadás y San Ciprian, un sujeto, pistola en mano, obligó al repartidor de pan Manuel Outeiriño a que le entregase el pan que llevaba, desapareciendo a continuación. El panadero declaró que el sujeto le era desconocido y se supone que era uno de los huidos a raíz del Movimiento.
-El Gobierno de Franco, reconocido oficialmente por la Santa Sede. Ha sido nombrado embajador don Pablo de Churruca.
-El general Pozas culpa a los anarquistas catalanes del atentado contra el Presidente del Tribunal de Justicia
-La Sociedad de Naciones reconocerá el Imperio Italiano a cambio de que Italia pague una indemnización al Negus Emperador.
-Según datos oficiales, en Julio se derribaron once aviones enemigos seguros y treinta probables.

Te puede interesar