Cuatro tiempos 12/02/2010

Roupas feitas

Hace 25 años... Homenaje al gran Mathé

Hace 50 años... Vicente pida a Sindita

Hace 75 años... Las elegantes juegan a los prohibidos

(1) "A moda da moda", titulaba a revista nacionalista restrinxida "Espiral" un artigo terríbel contra a nova pequena burguesía superficialmente ilustrada que se aliena no discurso sobre a moda.Eu non entendo moito da movida, porque, cando eu era pequeno, no Ourense dos anos corenta, os homes e os nenos ían ao xastre, cando eran xente rica ou simplemente gostante de campar.A min facíame os piches para o verao o pai de José Luis Varela, nunha casa cun fermoso corredor de madeira que daba á costa das Mercedes.Pero aos rapaces pequenos que nos vestía normalmente era unha costureira que viña a casa varios días e alí se apousentaba comendo e dormindo e dándolle á Singer.Había outras costureiras, chamadas finamente "modistas", que cosían para fora e vestían ás mulleres.

Eu lembro que os "figuríns" ou revista especializadas de moda, eran fielmente seguidos polas modistas de Ourense, que ademáis contrastaban as ideas de cada temporada cos deseños de duas revistas arxentinas, o "Para ti" e o "Maribel".En canto ás señoras dos gobernadores, e as suas amantes tamén, as dos novos ricos que por entón andaban por Ourense metendo moito ruido, e algunhas da burguesía comercial forte de antes da guerra, estas viaxaban a Vigo onde mercaban fermosos modelos de alta costura no Louvre, para despois lucilos moi en plan Evita Perón na Cena Americana do fin de ano do Liceo, a cuxos asistentes escomulgaba, iracundo coma un Savonarola, o señor bispo, doutor Blanco Nájera -que non parecía ter medo nen dos falanxistas nen dos estraperlistas.O máis semellante ao "pret-á-porter" de aquela Auria de entón, eran os almacéns de "roupas feitas" da Praza Maior, baixando para a Barreira. Eran locais enormes e escuros, nos que os homes das aldeas mercaban traxes de pana e de tecidos resistentes os días de feira.Paréceme mesmo que estou vendo a aqueles rapaciños da Limia ou das montañas de Lobeira -por pór un caso - coa sua gorra pequena e as suas inmensas chaquetas para as medras, dentro das que navegaban como se navega no interior das chaquetas e dos gabáns que veñen este ano de Florencia.Pero tamén, como eran tempos moi duros, a roupa podía ir parar á praciña da Trinidade, onde se vendían prendas usadas, e se volven hoxe a vender, porque tornan a asubiar ventos de probeza.Pregúntame Maribel, naturalmente Maribel Outeiriño, e non aquela outra Maribel protagonista dun conto meu que escomenza en Ourense en aquel tempo, pregúntame, digo, que cándo e cómo merquei os primeiros blue-jeans ou texanos ou vaqueros ou como se lle chame.Segundo a miña memoria, os pantalóns vaqueiros viñeron a Ourense arredor de 1950, e a miña xeración afíxose a usalos a finais desa década, no verao, combinándoos cunha barbiña afrancesada tipo collier, cun niqui negro ou unha camisa encarnada e cunhas inevitabeis sandalias.¡Daquela queríamos parecernos a James Dean e a Marlon Brando, máis ben que a Elvis Presley!
Para rematar só quixera facer unha pregunta ¿por qué a vella industria da conserva, fundamental na Galicia de onte, e a moderna industria das "roupas feitas", que chaman "moda" agora, estiveron e están ambas fundamentadas na máis desconsiderada das esplotacións ou sobreesplotacións da mao de obra femenina?

(X.L.Méndez Ferrín, La Región 1985)



Hace 25 años... Homenaje al gran Mathé

12 de febrero de 1985

-Félix Marín Leiba tomó posesión como nuevo secretario del Gobierno Civil de Orense.

-Severino Ordiales Riestra tomó posesión como nuevo secretario general de la Delegación provincial de Traballo en Orense.

-Las fuertes lluvias caídas los últimos días hacen que el Miño y el Barbaña inunden las chabolas de O Tinteiro, hogar de gran parte de los gitanos afincados en Orense.

-(1) La Región publica el primer número extraordinario de Galicia dedicado a la moda.

-La valdeorresa Blanca Peral logra un magnífico cuarto puesto en el Campeonato Nacional Juvenil de Cross disputado en Toledo.

-Billaristas de toda Galicia se reúnen en el Liceo en homenaje a Moisés Mathé, el jugador de billar más popular de Orense, que recibió emocionado varias placas en su honor y la insignia de oro de la Federación Gallega.



Hace 50 años... Vicente pida a Sindita

12 de febrero de 1960

-Nacieron en Orense: María Quintas Gómez, María Muñiz Tabarés, y José González Quintana.

-Por los señores de Feijóo-Silva, y para su hijo Vicente, ha sido pedida a don Miguel Rodríguez y esposa doña María R.Mondelo la mano de su encantadora hija Sindita, en su casa de Orjais (O Bolo).

-Don Urbano Alonso Rodríguez, capitán de la Guardia Civil de Fronteras, destinado en Verín, es distinguido con la Cruz de la Orden del Mérito Militar con distintivo blanco de primera clase.

-Las 50 pesetas de "La Región en la calle" fueron para Gumersindo Soto Hermida.

-La Comisaría de Orense concedió pasaportes a: Pilar Rodríguez López, Luis Araújo Rodríguez, Antonio Blas Campos, Edelmiro Bravo Alén y Carmen Cruz Seijo.


Hace 75 años... Las elegantes juegan a los prohibidos

12 de febrero de 1935

-Varios detenidos de la FAI en Andalucía donde preparaban una revolución semejante a la de Asturias por lo que el Gobierno decide prorrogar por un mes el estado de guerra en el país.

-En las primeras horas de la noche de ayer la policía sorprendió en Madrid una partida de juegos prohibidos en una casa de la calle Argensola.Entre las jugadoras estaban doce señoras elegantes.Con todo respeto fueron trasladadas a la Dirección General de Seguridad donde prestaron declaración y fueron puestas en libertad.

-El Gobierno prepara una ley de prensa.


Te puede interesar