Cuatro tiempos 15/09/2009

Saúdo ao Carballiño

Hace 25 años... Trabazos, seleccionado

Hace 50 años... Verín estrena Casa Consistorial

Hace 75 años... Tiempos de gatillo fácil

(1) De maneira segura e despaciosa a nación galega vai cobrando conciencia da propia entidade ocúrreseme pensar neste meu cordial saúdo ao pobo amigo do Carballiño en ocasión das suas festas famosas. Desde Rosalía, desde Curros, desde Pondal até hoxe non media máis ca un sospiro. A historia respira en tempos moito máis lentos do que son as nosas vidas humanas, que é preciso sempre comparar coa duración fugaz da rosa. De eiquí que, infantilmente amargurados, moitas veces nos desesperemos polo feito de que os cambios revolucionarios que arelamos non se produzan connosco e non ponto da nosa biografía no que a ilusión e o fogo renovador arde con mais forza. Onte foi a aurora dos nosos clásicos, nantronte foi a Revolución Francesa, 1917 e o cine de Einsestein están apegados a nós. Pois ben: vivimos un intre no que masas, xa lúcidas e galeguistas, obran a sua obra impagábel na recuperación da identidade nacional nas nosas festas. Despois do tempo en que todo o propio era borrado da festa do país percuran unha dimensión de construcción nacional e de descolonización do espírito. Eu, que teño 46 anos, lembro con dor a toda a mocedade de Salcedo (Pontevedra) asubiando e protestando porque no palco da música estaba a tocar un grupo de gaiteiros. Lembro os días en que en toda a nosa Terra non restaban senón uns pouquiños gaiteiros e a radio daba noite e día flamenco dexenerado que despois era cantado en parrandas, en casamentos e en tabernas pola nosa xente do campo e da vila. Ecos de aquela colonización prodúcense hoxe mesmo, cando se fabrica -como tal - un antroido con desfiles de mascaritas ao estilo de Niza ou Rio. Pro, en xeral, asistimos ao fenómeno constructor dunha Nova Festa Galega.Nova, sí, porque o fiadeiro e o serán e os elementos de soporte da cultura agraria tradicional están liquidados ou en proceso de eliminación, e correspóndenos modelar unha festividade nova sobre as liñas profundas da festa ancestral, abertos todos e con toda a alma de cara ao futuro. No futuro está a nosa patria verdadeira, a nosa Galicia de promisión, a nosa utopía fundamental. E construir ese futuro faise tamén desde a festa deseñada en función de liberación e total apropiación da Terra polos fillos da Terra.

Os fillos do Carballiño capaces de facer festas novas, ledicia popular e liberadora, en función do que o poeta catalán chamaba "o pleno dominio da Terra", están a construir unha nova realidade e a turrar pola historia cara adiante. Os conservadores queren parar o mundo para conservar somentes os seus privilexios, os seus prexuicios obscurantistas.

Os conservadores só saben conservar diñeiros, sistemas de opresión, e cequeira nos ollos do pobo. Novas formas de cultura e vías de libertade poden nacer en cada unha das nosas festas, e nacerán nestas Festas do Carballiño que eu desexo para todos ledas, arrebatadas e fastuosas.

(X.L.Méndez Ferrín)

(Publicado en La Región en 1984, con motivo de las fiestas de O Carballiño)


Hace 25 años... Trabazos, seleccionado

15 de septiembre de 1984

-El Ateneo de Orense acoge la exposición itinerante del "Guernica" organizada por el Ministerio de Cultura con la colaboración de la Caja de Ahorros de Orense, ofreciendo al público una reproducción exacta del famoso cuadro de Picasso y de sus principales bocetos.

-El joven orensano Manuel Ángel Trabazos, de 21 años, es convocado para formar parte de la Selección española de taekwondo en el próximo Campeonato de Europa.

-(1) Carballiño celebra sus fiestas, cuya comisión organizadora está formada por Francisco Alvarez Corral (presidente), Francisco Anta, Francisco González Pereira, Miguel Fernández, Emilio García Nóvoa, Xan García López, Manuel Blanco, Juan Fernández, Alfonso Medela "Re", Xan Fernández Pinal y Xan Galego Torrado.




Hace 50 años... Verín estrena Casa Consistorial

15 de septiembre de 1959

-Han nacido en Orense: María Losada Castro, María Abellás Rosendo, María Conde Rodríguez, María Vázquez Rodríguez, Rosa Domínguez López, y Manuel Fernández Font.

-En Orense ha dado a luz felizmente una preciosa niña, sexto hijo del matrimonio, doña Angela Picos Barreiro, esposa del gobernador civil don José María Quiroga de Abarca.La niña recibirá el nombre de Isabel.

-Don Luis Rodríguez de Miguel, subsecretario del Ministerio de la Gobernación, estuvo en la provincia de Orense, presidiendo la inauguración de la nueva Casa Consistorial de Verín, y visitando el sanatorio de Toén, la Catedral, la sede de la Caja de Ahorros provincial y el grupo de viviendas del barrio de Mariñamansa.




Hace 75 años... Tiempos de gatillo fácil

15 de septiembre de 1934

-En la fiesta que en honor de la Peregrina se celebró el pasado día 10 en la parroquia de Arenteiro, hubo una pelea entre mozos de varios lugares, cruzándose entre los bandos más de 40 disparos, siendo un milagro que no hubiese heridos dada la enorme concurrencia.

-A las cuatro de la tarde de ayer los dueños del café "La Peña" de Verín hicieron varios disparos contra el vecino Norberto Estévez, resultando gravemente herido Domingo Pérez.Los autores fueron detenidos.

-Comienzan las obras de impermeabilización de la presa que surte de agua a la ciudad.

-Fiscales y magistrados catalanes dan por terminada la huelga que comenzaron hace unos días.



Te puede interesar