Contos salvaxes

Esta edición de "Contos seleccionados" de Horacio Quiroga ofrece ao lector dezaoito dos máis significativos relatos da súa traxectoria literaria. O carácter antolóxico permite aprecioar a evolución do autor na súa faceta máis importante, a de cuentista

E non soamente porque moitos deles teñan maneiras selváticas, senón porque o seu autor, Horacio Quiroga, vida consonte coa sua obra (suicidouse), narrador irregular (nada da parcialidade de Jorge Luis Borges), que tamén, senón polo morbo que vai implícito neles. Mesmo polo tratamento que lles imprime. Tan ao Poe, sobre todo nos seus principios, que mesmo o conto “El crimen del otro” é unha homenaxe brutal ao autor americano morto dun “delirium tremens”.

Horacio Quiroga tamén andivera por territorios francos, e a pluma de Maupassant tampouco é allea á súa. Igualmente Quiroga, uruguaio de patria, morbosidades e malditismos á parte, transitou tamén os vieiros modernistas, sendo un pouco o Rubén Darío da narrativa. De maneira que non sorprenderá se os seleccionadores e prologuistas desta edición, Pedro Mármol Ávila e María Sánchez Cabrera, falen de “Lo fatal”, ese poema-cumio da literatura española de todos os tempos, como paradigma do sentimento de fatalidade que empurrou a Quiroga cara aos abismos, vida e obra. E nesas fonduras abismais xorden relatos como “El almohadón de pluma” ou “La gallina degollada”, sen esquecer esa instantánea da demencia, ¿mais quen é realmente o louco?; que se chama “Los perseguidos”. Isto relativo aos relatos máis cidadáns, poñamos, que logo están aqueles decididamente selváticos, outra das especialidades quiroguianas, el mesmo frecuentador físico, e mesmo emprendedor ou empresario neses eidos selvaxes, contos como “Anaconda” ou “Los inmigrantes” poden e deben entenderse no terreo no que Horacio Quiroga foi igualmente teimoso cultivador.

Quiroga é un autor “diferente”, quen foi deixando no seu ronsel unha chea de influencias que chegan, por exemplo, a José Eustasio Rivera, Julio Cortázar ou, mesmo, certo Vargas Llosa. Á parte o seu famoso decálogo para os autores de contos, tan perfectamente asumible hoxe. Por exemplo, cando no punto noveno escribe: “Non abuses do lector. Un conto é unha novela depurada de ripios”. Tomen nota os escritores de relatos que non terminan de distinguir entre os xéneros. Quiroga, excesos á parte, foi quen de facelo. Por iso, tamén, a súa actualidade. Tal como nos demostra esta edición exemplar.

Te puede interesar