Rabo de nube

Delibes, un clásico

“Cinco horas con Miguel Delibes”, as conversacións ante gravadora e caderno de notas que o escritor valisoletano mantivo en 1985 co xornalista Javier  Goñi, nas que o autor de “o camiño” permítenos penetrarnos na súa vida e a súa obra

Téñome preguntado como foi posible que a dictadura, censura na chepa prominente, alumease uns talentos escritores (digo Cela, Delibes, Laforet, Torrente) mentres que no que levamos de democracia aínda non deran saído novelistas do fuste daqueles. Non, non creo que “contra” Franco se escribise mellor mais os datos empíricos son estes. Un Delibes, por citar o que teño nestes momentos diante miña non se albisca por lado ningún. Un simple exemplo, El camino, publicado en 1950, o ano no que eu nacín, segue a ser unha novela fresquísima. E transgresora: sorte da torpeza da censura diante de certos aspectos, sucidio, parafilias, que se lle coaran ao  inquisidor. Por non citar “Los santos inocentes”, “Cinco horas con Mario” ou “El hereje”, impecable testamento literario de quen, ao contrario do García Márquez das “putiñas tristes” pendurou a pluma cunha novela en verdade nova do trinque. 

E pois Delibes é xa un clásico, está moi ben que Fórcola (editorial pequena pero matona) recupere este manual de aventureiros (sen saír moito de casa: pánico a voar chámase a figura) froito das conversas Delibes-Javier Goñi. Libro publicado por primeira vez en 1985, vintecinco anos antes da morte do escritor, pois, cando este, ecoloxista e preocupado pola deriva humana, vía factible que o mundo desaparecese antes do ano 2000. Que a cousa vén, pois de vello, como a sabedoría delibesiana, ben que esta desenrolada, con locidez, a través das preguntas, lucidas, de Javier Goñi, xornalista de percorrido. Cal o propio Delibes, director que fora de “El Norte de Castilla”. 

De moitas cousas sabía Delibes, a a todos e con humilde e a sinxeleza que, segundo Ortega, é a cortesía do filósofo. E moita filosofía rural hai en Delibes, se cadra o derradeiro, retratista do campo castelán. Que onde o escritor en verdade alenta é en Sedano. Máis que en Valladolid ou Madrid (onde rexeitara a dirección de “El País”). Tantas cousas aprendemos na lectura deste libro, cinco horas canónicas que compre espallar poisque estamos diante dun manual de sabedoría. Dun católico posconciliar, un liberal que loitara na Armada franquista, un aventureiro, xa de dixo, de andar por casa. Un pequeno libro inmenso. De parte dun clásico.

Te puede interesar