Unha edición moi especial do Albariño Martín Códax

“Fragmentos de Onte” é o nome que recibe a edición especial do albariño Martín Códax, o viño emblema da adega homónima e que durante un tempo limitado exhibirá nas etiquetas das súas botellas imaxes captadas pola fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson (1893-1983) durante as súas viaxes por Galicia na década de 1920 por encomenda da Hispanic Society Of América. As fotografías captan outras tantas escenas do traballo fiminino: palilleiras de Muxía, redeiras en Marín, remexendo a ribeira na procura de marisco en Carril, leiteiras de volta a Carnota, levando cacharros á feira en Ourense e mercado de madeira e palla na praza da Leña de Pontevedra.

En paralelo a este período no que as botellas de Martín Códax lucirán esas etiquetas, desenvolveráse unha exposición que arranca na sede de Afundación en Vigo (20 de abril a 10 de xuño) e logo continuará na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela (21 de xuño a 29 de xullo).

A exposición, mostrará unha representación significativa do legado fotográfico de Ruth Matilda Anderson, captado con grande sensibilidade hai un século. Dentro das actividades paralelas á exposición, Martín Códax organizará showcookings con cociñeiros das respectivas cidades nas que esté aberta ao público, así como visitas guiadas e catas comentadas.  

Te puede interesar