LA REVISTA

Henry James na gaiola

en la jaula_result
photo_camera En la jaula.

Poucos narradores   tan fascinantes como Henry James.

Poucos narradores   tan fascinantes como Henry James. Poucos tan dotados para darlle unha volta de tornelo (segundo termo selado por el para sempre xamais; Another turn of the screw, grandísima novela que dá pé a unha película de Cardiff aquí chamada Suspense) ao realismo. Fórmula decimonónica que nas mans de James adopta maneiras dun simbolismo arraiano na metáfora do conflicto de clases.Como no caso desta “nouvelle”, En la jaula, publicada o mesmo ano, 1898, que esa marabilla que se titula O que Maisie sabía, que tiven a satisfacción de ler nos moi lonxanos tempos de Filoloxía Inglesa, da man dun dos meus mellores profesores, Manuel Míguez (Literatura norteamericana). En la jaula fala dunha rapaza de familia con problemas económicos que traballa nunha oficina de correos (partillada con tenda de alimentos), desde a que ten un observatorio previlexiado para espreitar canto se move no territorio postas, apartado telegramas. Así poderá cotexar a diferencia que vai do seu mozo vulgar a ese misterioso (e atractivo) capitán que manda crípticos telegramas con evidentes mensaxes de amor. A oficinista monta o seu mundo imaxinario ao redor do home, dalgunha maneira real cando se atopa con el no escenario dun parque. Eis a montaxe deses dous mundos, “upstairs”, “downstairs”, traguidos desta volta a Londres, e cunhas perspectivas de misterio no fondo, tan caras ao autor americano peneirado pola Inglaterra vitoriana. Quen de pintar a alta sociedade de Boston mais tamén os seus contrapuntos. Desta volta fai o propio coa inglesa, desde a ollada entre puritana e arriscada dun dos grandes autores de todos os tempos. Esa ollada ten un aquel de humanismo distanciado (moito de Brecht “avant la lettre”) e outro tanto de ver a vida cal un arrepío a piques de estoupar mentres nas rúas e prazas cáseque non acontece nada. Mais está a suceder, desde a sutileza dun estilo como moi poucos prosistas teñan atopado. Ler a Jenry James semella decote festa grande. Neste caso específico festa definitivamente rachada. Aínda sen fogos de artificiio nin estrondo ou estronicio aparente. Senón aquel que vai nos interiores. Das persoas. Da gaiola/ oficina na que se encontra a máis importante delas.

Te puede interesar