GRUPO DE ROCK
La playlist de... Gerardo Urchaga
Tras ser protagonista na música galega con N.A.O., Xenreira, ou A Matraka Perversa, Jásper ten novo proxecto, Loita Amada, para o que sumou á pandereteira Nébeda Piñeiro e que presentará en Ourense -no Café Cultural Auriense- este sábado 18 de marzo.
O teu anterior proxecto, N.A.O., despediuse ao grande. Por que o deixaches cando mellor ía?
Por romanticismo. Decidimos deixalo no noso mellor momento para que o que se quedara na memoria da xente que nos seguiu fose iso: a dunha banda coherente e con forza; non a dunha banda que esmorece coa decandencia dos anos, malos discos e disputas internas. Certas dinámicas dentro da banda ó longo dos anos tamén desgastaron e motivaron esta decisión consensuada. Todo debe ter un principio e debe ter un fin.
Por que o nome de Loita Amada e como foi a elección da túa parteneire?
É un xogo de palabras para quenes nos criamos na Galiza dos anos 80. Amor a loita, loitar a través do amor que sentes, non do odio. Eu sempre digo que o proxecto político que defendemos parte do amor: á cultura, á lingua, á xente, á historia, á nosa matria. Terra, ao noso pobo e a nosa clase. A escolla de Nébeda foi por similitudes ideóloxicas. Temos un xeito de ver o mundo e a música moi similar, moita química e moita complicidade. Tamén porque quería que certas cancións bebesen da música tradicional galega, que tiveran máis raíz e para iso precisaba dalguén especializado nisto: ahí entra Nébeda que ten unha vagaxe cultural nese eido inmenso.
No teu cancioneiro hai letras reivindicativas a nivel social e cultura. Pódese cambiar algo desde a música?
Dicía Paulo Freire, pedagogo brasileiro: “Educação não transforma o mundo. Educação muda as pessoas. Pessoas transformam o mundo”. Nós aplicámolo coa música: A música non transforma o mundo, pero si as persoas para que transformen o mundo. Non hai maior honra que poder traballar dende o arte e a cultura para un ben maior que nos trascenda como artistas: a xustiza social, o ben común, a liberdade colectiva da nosa ben querida patria galega. Poder cambiar a vida das persoas para mellor: darlles azos, ilusión pola vida e o futuro.
Con que se vai a atopar o público que che vexa en Ourense?
Cunha banda de directo de oito músicos que fan unha festa de principio a fin. Cun repertorio dunha hora e media no que presentamos o disco, pero tamén cancións míticas de N.A.O., de Banda Bassotti, Fuxan os ventos ou Suso Vaamonde. Vai de menos a máis cunha enerxía que transmiste diversión.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GRUPO DE ROCK
La playlist de... Gerardo Urchaga
GIRA MUSICAL
Los Chicos, en Ourense
O TESOURO DO RURAL
Roberto Fernández, descubrindo os segredos da lonxevidade en Galicia
PORTADA DE LA REVISTA
Luis Fernández, la música como pasión existencial
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Ourense necesita un nuevo estadio
ELECCIONES A RECTOR DE LA UVIGO
Belén Rubio propone lograr la “excelencia” de la Universidade de Vigo
TRADICIÓN ARRAIGADA
Verín ya cuenta las horas para echarse al monte por el San Antón
205 INTERVENCIONES SUSPENDIDAS
Choque de cifras sobre la primera jornada de huelga de médicos