PLAYLIST

NAO: "Non nos disolvemos, sinxelamente deixamos de tocar”

nao_final_resultado
“A diferenza con respecto a outras bandas reside en que nós quixemos ser os donos do noso destino, decidir cando e como queriamos que fose esa fin”

Adeus e grazas” chámase o espectáculo co que se despedirá dos escenarios, o 7 de decembro no Recinto Feiral de Amio de Santiago de Compostela, o grupo galego de hard rock NAO. Por que? “Porque todo ten unha fin”, afirma Jásper, guitarra e voz do combo que completan Gustavo Brea á guitarra, Antón Torroncho ao baixo e Amós Varela á batería.

“A diferenza con respecto a outras bandas reside en que nós quixemos ser os donos do noso destino, decidir cando e como queriamos que fose esa fin. As bandas non duran eternamente. O nivel de compromiso decae, hai friccións internas, hai malas épocas. Nós non quixemos que estes fosen os motivos dunha disolución –explica-. NAO vaise no seu mellor momento, cunha relación de profundo amor e amizade entre os seus membros. Acabamos de facer unha xira de 43 concertos enchendo en todas as salas ás que fomos e sendo a banda galega que máis festivais de verán fixo. Que mellor recordo nos pode quedar?”.

Aínda que no pasado recorreron ao sistema crowfunding para editar o seu material discográfico, o mesmo cantante descarta a economía do grupo como motivo da retirada. “NAO marcha sendo quen de vivir da música e tendo conseguido unha comodidade como nunca a nivel de produción. Temos unha crew de 12 persoas coa que traballamos funcionando á perfección. Custou moito, pero NAO rematou sendo, nese sentido, unha pequena empresa que funcionaba e daba traballo a toda esta xente. De todos xeitos, nós temos outros traballos á marxe disto. Eu son mestre, Gustavo médico, Amós rexenta unha tenda online e Torroncho dedícase á música a tempo completo, sendo mestre de baixo –explica-. Tomamos a decisión de deixalo, pero non porque non funcionara a nivel económico. Esa é unha mensaxe que non queremos que se distorsione”. Y NAO se despide con el objetivo cumplido: “Cantando na nosa lingua propia, denunciando as desigualdades sociais e reivindicando o propio”.

En canto á súa ideoloxía, a pregunta é se xogou a favor ou en contra. “O que limita público é a baixa calidade das propostas musicais, os discursos absurdos ou rancios e non ser quen de conectar co público. Se cantas co corazón e o fas con calidade o teu discurso chegará. No noso caso penso que non só non nos fechou portas, se non que incluso abriunos moitas outras. A maior parte da sociedade é antifascista. Nós non queremos fachas nos nosos concertos. Nunca tivemos problemas a nivel ideolóxico”, afirma, ademais de recoñecer que “o poder méteche o filtro” nos medios pero sen o resultado desexado. “Non se pode agochar un grupo que ten a miles de persoas mirándoas en todos os festivais de verán e enchendo salas –di-. A nosa maior vitoria é que non nos venceron, porque a nosa causa é invencible. Tamén temos claro que para nós non ten sentido facer música doutro xeito. A nós interésannos a música e a arte se serven para mudar o estado das cousas”. 

E, cantar en galego, abre ou pecha portas? “Algo, do que agora nos arrepentimos, é de non ter apostado por ir fóra. Decidimos centrarnos só en Galiza. Por qué? Por comodidade. Aquí sempre tivemos boas condicións nas contratacións. Non nos apetecía pasar frío e fame fóra. E danos mágoa porque NAO funciona moi ben onde sementou, concretamente en Euskadi e Catalunya onde sempre que imos enchemos e a xente canta as cancións, merca os discos. Se puideramos reinventar a nosa historia teriamos saído fóra ó igual que o fixemos aquí convencidos de que a banda funcionaría igualmente”, explica o músico que, como tantos outros en Galicia, elixiu co seu grupo unha zona de confort ante a conquista de públicos estranxeiros.

Como el di, “todo ten unha fin”. E como será iso? Con amigos no escenario como Odolaren Mitzoa, SonDaRúa y Rebeliom de Inframundo e os seus antigos membros Paul Zervero y Xavi Raiba. 

É raro pensar na retirada dun grupo cunha década e media de historia, catro álbums de estudo máis dous epés e o flamante “Ata que o lume se apague” e o posterior DVD “Adeus e grazas” e, por Jásper, un impacto profesional como ningún outro grupo en Galicia. Do mesmo xeito que hai optimismo nos de Pontevedra: “Non nos disolvemos, sinxelamente deixamos de tocar. A nosa amizade e noso compromiso coa música e a nosa xente seguirán vivos para sempre”.


NOVEDADES


Enrique Bunbury abre la caja de Pandora
EDITA UNA VERSIÓN ESPECIAL DE “PEQUEÑO”
Enrique Bunbury desvela el unboxing vídeo de su caja “Pequeño XX”. El artista aragonés se involucró en persona en la producción de este trabajo destinado a ofrecer la mejor experiencia posible a su numerosa legión de fans, con motivo de su aniversario número 20. La edición se publica en dos formatos físicos: una caja de 5 cedés y una caja de edición limitada con 9 elepés coloreados y su versión en cedé.

Regina Spektor compone 
PARA EL CINE
“One Little Soldier” es la nueva canción original de Regina Spektor, incluida en la BSO de la película “Bombshell”, protagonizada por Charlize Theron, Nicole Kidman y Margot Robbie, entre otras grandes figuras de Hollywood. Es la novedad de la artista nacida en Unión Soviética tras “Remember Us To Life”. 

Te puede interesar