En Ourense soa o blues

A Martins aneiros Band é parte do cartel da decimonovena edición do Festival de Blues que terá lugar en Ourense hoxe venres 7 de outubro e mañá sábado 8 no Teatro Principal, xunto con artistas da transcendencia de Dennis Rollins Trío e The Chris O’Leary Band. A figura homenaxeada nesta ocasión é o mestre do blues por excelencia: Muddy Waters. 

“Foi unha gran influencia”, destaca sobre o homenaxeado Víctor Aneiros, o coruñés que co seu Martins Aneiros Band fará gala da súa blues a cargo da súa virtuosa guitarra, con Paula Martins na voz, Marcos Sánchez na batería e Alejandro Masafret no baixo, nunha cidade de Ourense á que lle vén moi ben algo de boa música.

Que repertorio priorizará a Martins Blues Band nesta ocasión?

Queremos que sexa un paseo polo blues, soul e rock  co denominador común da voz de Paula Martins, acompañada por Marcos Sánchez na batería, Alejandro Masafret no baixo e eu na guitarra.

Que che significa Muddy Waters?

Sempre me gustou o blues de Chicago e Muddy Waters foi un dos seus percusores, foi unha gran influencia cando eu comezaba. O seu disco Muddy “Mississippi” Waters Live foi de gran axuda e aprendizaxe naquela época e ademais está producido polo guitarrista Johnny Winter, outra das miñas influencias. 

O blues non é agora mesmo un fenómeno de masas nin moito menos nin en Ourense nin en España. Cal é a túa lectura respecto de que haxa unha masa de xente nova que só escoite reguetón e trap e nin sequera saiba quen é por exemplo Muddy Waters?

Certo, o blues non é unha música de masas pero é un xénero que tivo e ten unha gran influencia na música popular e foi a chave doutros estilos jazz, rock, hip-hop. Máis ala de modas, sempre estivo aí, é atemporal. O reguetón ou trap non se sei chegarán a ser atemporales ou simplemente será unha moda pasaxeira. A min persoalmente, non me achega nada positivo e non me interesan. Cando era mozo o simple feito de comprar un disco era todo un acontecemento social. Escoitábalo miles de veces, lías os créditos, que digo, aprendíalos coma se ao día seguinte tivese un exame no instituto. Se me apuras, sabías o nome da empresa de limpeza que levaba o mantemento do estudo onde se gravou o disco (risas). Hoxe en día xa non hai ese romanticismo e iso talvez fainos máis incultos. Vivimos na cultura de usar e tirar. A xuventude ten présa por chegar e non saben que cando cheguen non haberá ninguén esperándoos.

Te puede interesar