Paula Ferrer, representante de Ourense Norte en Luar y amante de la Verbena

Paula Ferrer
photo_camera Paula Ferrer

Paula Ferrer, actual protagonista no programa “Luar” de TVG no que representa a Ourense Norte, integra o grupo Versvs e aposta por un sitio en la Verbena tanto nas festas como na televisión

Concursante agora mesmo en “Recanteiros” representando a Ourense Norte no programa “Luar” de TVG, Paula Ferrer, con só 21 anos, integra tamén o grupo Versvs, para o que ten que desprazarse en forma cotiá a Valladolid. Pero isto non é problema para a filla do artista plástico Tony Ferrer, dado que di “é un traballo fermosisimo”.

“Para min ser cantante resultame un gran soño inda que moi complicado”, explica esta amante da Verbena que tenta abrirse paso nun mundo ao que non é fácil acceder tanto pola cantidade de grupos que existen como polo monopolizado que está.

Representas a Ourense Norte no programa “Luar”, como é a experiencia? 

A verdade é que é unha experiencia marabillosa poder formar parte do programa “Luar”, xa que grazas a esta oportunidade estou aprendendo moitísimo sobre o mundo da música, sobre todo perdéndolle o medo as postas en escea e as camaras sobre todo.

A pesar de ser ourensá, integras un grupo de Verbena en Valladolid, como se deu esta oportunidade? Non tiveches posibilidades en Ourense? 

Pois a oportunidade deuse grazas a un coñecido meu do mundo da Verbena o cal coñecía a un dos socios que forman o Grupo Versvs. Un día púxose en contacto conmigo para comentarme que un amigo seu estaba buscando cantante para o seu grupo e que lle falara de min, eu obviamente estiven moi agradecida de que me tivese en conta e de ahi xa me derivou co socio de Versvs onde xa cuadramos todo. Doutra banda si, aqui en Ourense tiven algunha oferta, igual que noutras provincias de Galiza pero a oportunidade de sair da miña cidade e vivir unha experiencia nova pareceume moi interesante, ademais da gran profesionalidade de todos os integrante que forman Versvs coa que estou aprendendo moitisimo.

Ser cantante dun grupo de Verbena é un soño complicado?

Para min ser cantante en xeral resultame un gran soño inda que si, moi complicado. En referencia ao mundo da Verbena si que é algo complicadillo, non pola dificultade á hora de conseguir un posto nun grupo ou orquestra, senón pola dificultade do traballo en si. Son moitas horas de preparación, moitos desprazamentos e moita a enerxía que hai que ter para animar a todo o mundo nas festas que se realizan, ademais de que non deixa de ser un traballo nocturno polo que o cansancio sumase todo. Inda asi pese a ser mais complicado do que moita xente se imaxina, pola miña parte teño que decir que é un traballo fermosisimo que persoalmente apasioname un monton.

Te puede interesar