A adega 'Crego e Monaguillo' de Monterrei tirou onte a casa pola ventá para festexar o seu décimo aniversario. Máis de 2.000 invitados asistiron ao acto e posterior festa amenizada polas orquestas Panorama e Paris de Noia.

10 anos de 'Crego e monaguillo'

Os invitados á festa privada poideron visitar as instalacións da adega. (Foto: MARCOS ATRIO)
Os veciños de A Salgueira foron onte minoría nunha das celebracións máis multitudinarias celebradas nunca nesta parroquia do concello de Monterrei, a organizada por 'Crego e Monaguillo' para festexar o seu décimo aniversario.
A adega da Denominación de Orixe Monterrei tirou a casa pola ventá para conmemorar cos amigos e clientes estes anos de éxitos e bo facer. 'Quixemos agasallar así aos nosos veciños e traballadores, viticultores, hosteleiros e distribuidores que fixeron posible estes dez anos', subliñou emocionado o xerente da adega Ernesto Rodríguez, ao tempo que engadía que 'nós somos unha empresa familiar con unha forma diferente de entender o márketing, basado en esto: coñecer a xente e que te coñezan'.

Como bo anfitrión dunha lista de 2.000 invitados chegados dende as catro provincias galegas, pero tamén de Asturias, Madrid, País Vasco ou Londres, en 'Crego e Monaguillo' prepararon un 'drunch' (término anglosajón que procede da unión dos conceptos dinner y lunch, cena e comida) á galega con 1.000 kilos de pulpo, 52 xamóns ibéricos, queixo e un sabroso tenreiro asado de 250 kilos que, dende as cinco da maña, se encargou de asar a fogo lento o cociñeiro de Elorrio (Bizkaia) Karlos Ibarrondo. Mentres, no 'photocall' para retratar a velada, o protagonismo o levou a espectacular tarta de cinco pisos decorada con motivos vitivinícolas.

As nove da noite, a festa trasladouse a unha finca cercana que a empresa posúe na parroquia. Alí xa esperaban, expectantes, centos de veciños achegados de toda a comarca para disfrutar da 'festarrachada' protagonizada polas orquestas Panorama e París de Noia. Un cartel de excepción para unha festa sen igual que onte marcou un antes e un despois nos aniversarios da comarca.

Te puede interesar