Fútbol e fútbol sala

Abertas as inscricións para as Escolas Deportivas de Verín

complexo deportivo a granxa verín
photo_camera O complexo deportivo de A Granxa. (Foto: C.C.).
A inscrición permanecerá aberta ata o 20 de agosto

A área de Deportes do Concello de Verín xa traballa de cheo na próxima tempada, polo que ven de abrir o prazo de inscrición dos cativos ás disciplinas de fútbol e fútbol sala impartidas nas Escolas Deportivas Municipais do complexo deportivo de A Granxa.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 20 de agosto. Dende o Concello informan de que a lista de admitidos se confeccionará por rigorosa orde de presentación das solicitudes, ademais de que para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización. 

Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín ao correo das Escolas Deportivas: [email protected]. No caso de non enviar algún dos documentos solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.

Haberá, como todos os anos, sete categorías deportivas: xuvenís, cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, prebenxamíns e biberóns, que se guían polo ano de nacemento dos participantes, sendo os biberóns os máis cativos -nados no 2017 e 2018- e os xuvenís os maiores -nados no 2004, 2005 e 2006-. Para máis información, os interesados en participar nas actividades deportivas poden chamar ao teléfono 660 776 564.

Te puede interesar