MONTERREI

Aberto o prazo para obter o título en competencias dixitais da Xunta

A devandita acción formativa, que terá lugar do 3 de setembro ao 25 de novembro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre o vindeiro martes 12 de xuño o prazo de inscrición para o curso de teleformación que permitirá obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, coñecida como CODIX. O prazo permanecerá aberto ata o 18 de xuño.

Devandita  acción formativa, que terá lugar do 3 de setembro ao 25 de novembro (190 horas lectivas), terá una modalidade de teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT e terá un custo de 10,20 euros de matrícula.

As persoas interesadas en inscribirse nalgún destes cursos poden facelo na propia aula CeMIT  de Verín (situada  na Avenida de Portugal, nº. 11, andar 1- porta 11), de 8,00 a 15,00 de luns a venres; ou ben na  pagina web  cemit.xunta.es.


QUÉ É O CODIX?


A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Te puede interesar