Festival de curtas

Aforo completo para o obradoiro de guion de cinema do FIC Vía XIV de Verín

Foto Ángel Manzano. fic verín (1)
photo_camera Ángel Manzano imparte o obradoiro de guion. (Foto: cedida).
Ante o éxito da iniciativa, programaranse máis actividades temáticas nas vindeiras edicións do certame

O obradoiro de guion de cinema, que estará impartido por Ángel Manzano, vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas e presidente do Foro da Asociación de Guionistas Audiovisuais, no marco da VI edición do FIC Vía XIV de Verín vén de completar o seu aforo e presenta xa listaxe de espera.

Trátase dunha iniciativa que estaba aberta a todas as persoas, de calquera idade, interesadas en contar unha historia e estruturarase en tres fases como unha actividade paralela no marco do desenvolvemento do FIC Vía XIV.

A idea final é que os participantes coñezan e interioricen as claves para levar a cabo "con solvencia" un traballo de guion no ámbito audiovisual, tal e como destaca Carlos Montero, director do Festival de Curtas de Verín. 

Ante o éxito da iniciativa, que completou as súas prazas nun tempo récord, "a organización do Festival comprométese a realizar máis actividades temáticas en vindeiras edicións do certame", conclúe Montero.

Te puede interesar