A andaina da Eurocidade percorrerá a Ruta do Contrabando

O vindeiro domingo 27 de maio, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a cuarta edición da súa andaina popular. Se nas últimas ocasións realizáronse a Ruta da Fronteira -zona fronteiriza de Chaves e Verín- ou Ruta dos Ríos -entre Vilarello da Raia (Chaves) e Feces de Abaixo (Verín)-, nesta terá lugar a Ruta do Contrabando da Cidadella, destinada a incentivar a importancia histórica, turística e ambiental desta zona de ambos municipios e estreitar lazos de unión entre españois e portugueses.
Esta ruta ten unha distancia de 10 quilómetros e dificultade media, e comezará na parte española, en Soutochao (Vilardevós) en dirección a Segirei (Portugal), onde se realizará unha parada técnica e retornarase cara ó lugar de inicio. Para achegarse a localidade de inicio da andaina sairá un autobús gratuíto do Centro de Cultura de Chaves ás 8 horas (hora portuguesa) e da praza do Concello de Verín ás 9,30 horas (hora española).

As inscricións poden realizarse no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, situado no Concello de Verín (das 8,00 ás 15,00 -horario español-), e no Centro Cultural de Chaves (das 9,30 ás 12,30 e das 14,00 ás 17,30 -horario portugués-), ou a través do mail: [email protected], ata o día 23 de maio.

Nesta actividade, tamén participan Cruz Vermelha de Chaves e Monterrei ou Voluntarios de Protección Civil de Verín, entroutros.

Te puede interesar