ANDAINA

La andaina de la Ruta dos Carros atrajo a más de 300 participantes

A andaina, cunha distancia de 19.800 metros, percorreu a 'Ruta dos Carros', unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós)

Unhas 350 persoas -que non tiveron medo algún á choiva- participaron onte na sexta edición da andaina 'Ruta dos Carros. Subida ó Pozo do Demo', organizada polo Concello de Verín e a Asociación de sendeirismo Ruta das Augas.

A andaina, cunha distancia de 19.800 metros, percorreu a 'Ruta dos Carros', unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), rehabilitadas polos alumnos dos módulos de xardinería e carpintería dos obradoiros de emprego 'Pozo do Demo'. 

A saída tivo lugar ás 9,30 horas dende o Pavillón Municipal de Deportes. A proba contou coa colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e o patrocinio, ademáis da asociación de empresarios e comerciantes e da Denominación de Orixe Monterrrei, de varias empresas da vila de Verín. 

Te puede interesar