A asemblea da Mancomunidade de Monterrei despide ó alcalde Manuel Cardoso

Mancomunidad de monterrei (c.c.)
photo_camera Algúns dos integrantes da Mancomunidade con Manuel Cardoso, o segundo pola dereita. (Foto: C. C.)
Ademais de celebrar a asemblea da Mancomunidade, os integrantes tamén desenvolveron a asemblea da Fundación de Discapacitados Psíquicos

A asemblea da Mancomunidade de Monterrei celebrou a última sesión de este período lexislativo e aproveitou para despedir e aplaudir a Manuel Cardoso, actual alcalde de Vilardevós, quen non se presentará aos comicios do 28 de maio e que despois de 12 anos deixa a política. 

Tras aprobar a conta xeral do 2022 e dar conta dos asuntos da presidencia sobre temas de lixo ou obradoiro, José Luis Suárez, presidente da entidade, recordou a importancia da Mancomunidade: “É a última asemblea deste periodo, quería aproveitar para darvos as grazas pola colaboración e apoio á Mancomunidade, un elemento fundamental para prestarlle máis e mellores ervizos aos veciños”.

Tras esta sesión celebrouse a asemblea da Fundación de Discapacitados Psíquicos de Verín, presidida por Luciano Rivero. A asemblea aprobou por unanimidade o presuposto para 2023, que ascende a 256.200 euros. Entre outros asuntos, Rivero recordou que o centro ocupacional está a espera dun novo vehículo eléctrico, que espera ter en funcionamento para o verán.

E para rematar esta dobre cita os alcaldes e concelleiros da comarca de Monterrei aplaudiron o traballo de Manuel Cardoso. “ Gracias polo teu traballo”, dixo Rivero en representación de todos. Tamén Suárez lle desexou “o mellor porque, ademais de bo político, es boa persoa, foi un pracer traballar contigo na Mancomunidade”. 

Pola súa banda, Manuel Cardoso destacou que “foi un pracer compartir con vós 12 anos de traballo, sendo de diferente cor política sempre remamos xuntos e iso é unha marabilla, é unha satisfacción ver o grupo que aquí hai. Tédesme para todo, a vosa disposición”, concluíu entre aplausos. 

Te puede interesar