Videoconferencia

A Biblioteca de Verín achega aos alumnos verineses a Novela Histórica

210430 CONFERENCIA FRANCISCO NARLA biblioteca verín
photo_camera Alumnos do María Inmaculada escoitando a Narla. (Foto: cedida).

Francisco Narla presentou o seu último libro, "Fierro"

A Biblioteca Pública Municipal de Verín, no seu programa de videoconferencias, acolleu este venres o coloquio “Escribir o pasado. Contar historia na narrativa, presentación da última novela Fierro”, impartida polo escritor Francisco Narla. 

Nesta videoconferencia participaron un total de sesenta alumnos e alumnas de diferentes centros educativos de Verín: o IES Castro de Baronceli, o instituto Xesús Taboada Chivite e o Colexio Plurilingüe María Inmaculada.

Durante máis de media hora, o escritor Francisco Narla faloulles aos escolares, dunha maneira amena e próxima, sobre as singularidades da Novela Histórica. 

Ademais, o autor lucense presentou aos participantes o seu último libro, baixo o título “Fierro”, unha novela histórica ambientada nos tempos da Reconquista no século XIII.

Conferencias temáticas

Este evento forma parte do programa de videoconferencias temáticas online, organizado pola Biblioteca de Verín, que ten como primeiro público aos alumnos dos centros educativos da vila. Posteriormente, as charlas están a disposición do público xeral na canle oficial de Youtube da entidade.

As próximas videoconferencias serán o 7 de maio co escritor e xornalista Domingo Villar, o 21 de maio coa escritora e avogada Ledicia Costas e, a derradeira, o 3 de xuño coa escritora Eva Mejuto

Te puede interesar