LETRAS GALEGAS

A Biblioteca de Verín leva as Letras ó outro lado da raia

Biblioteca Verín5_result
photo_camera Unha actividade na Biblioteca de Verín.

Nenos voluntarios e técnicos desplazaranse a Cimo da Vila, en Chaves

A Biblioteca Municipal de Verín celebrará a festividade do día das Letras Galegas saíndo ao exterior e promulgando alén da fronteira de Feces a cultura do país. O vindeiro día 19 de maio, o persoal da institución pública e os seus nenos voluntarios/as (rapaces con idades entre os 9 e os  17 anos), cruzarán a raia para celebrar unha sesión de contacontos e manualidades na aldea portuguesa de Cimo de Vila da Castinheira (distrito de Chaves -  Portugal), co gallo das Letras Galegas.

En concreto, serán dez nenos voluntarios e os dous técnicos municipais os que realizarán, na citada aldea portuguesa, unha actividade, dunha hora e media de duración, que consistirá na realización de manualidades, (unha galiña azul feita con materiais reciclados) e lectura de contos en galego (sobre todo centrado nos contos de Carlos Casares "A galiña azul").

PREMIO DA UE

Esta actividade foi premiada co galardón do Alto Patrocinio do Comisionado Europeo polo presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, quen comunicou por carta este reconocimiento y señalando que "a organización tipo de destes actos, ilustra a nivel local, o que é precisamente a Unión Europea, un continente onde as persoas están unidas pola súa diversidade cultural, e que a promoción da literatura galega e a diversidade lingüística, é o xeito de estreitar relacións e cooperacións transfronterizas entre nenos e xoves dos dous países".

Deste xeito, unha vez máis, a Biblioteca do Concello de Verín volve a ser recoñecida polamáxima institución parlamentaria europea pola labor de fomento á lectura o seu traballo no eido do Voluntariado e as magníficas relacións de traballo co país veciño, xunto a outros premios e galardóns recibidos, nestes anos, de institucións tales coma a Unesco (2010) ou Ministerio de Cultura nos Premios María Moliner (do 2008 ao 2016).

Te puede interesar